Mar de Santiago continúa co seu agosto máis festivo no que non faltan as exaltacións gastronómicas. Neste caso, falamos da súa participación na II edición da Feira da Conserva de Vilanova de Arousa, que terá lugar entre o mañá e o domingo.
Esta feira é a única centrada nas conservas que hai en toda Galicia, un sector tradicional da zona das Rías Baixas. Na localidade, instalarase esta fin de semana un total de 27 casetas, das cales, 26 pertencerán a empresas conserveiras galegas que darán a coñecer as súas ideas e produtos máis innovadores. E na caseta restante, Mar de Santiago, poñerá en valor todo o seu encanto.
A oferta de Mar de Santiago na feira
Dos 27 stands que se instalarán na localidade esta fin de semana, un deles é o de Mar de Santiago. Achégate á nosa caseta para coñecer en detalle a oferta dos 4 municipios que conforman Mar de Santiago.
Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures son 4 concellos galegos da provincia pontevedresa con historia, paisaxe e perfectos para un turismo gastronómico, de praia e de actividades ao aire libre. Mar de Santiago conta con plans para todos os gustos.
Se queres coñecer o Miradoiro Faro das Lúas de Vilanova, deixarte impresionar polas Torres de Oeste de Catoira, visitar a Ponte Romana de Pontecesures ou dar paseos interminables pola Fervenza de Raxoi en Valga, aproveita a nosa caseta para informarte de todos estes destinos. Non te quedes coas ganas de saber todo o que podes ver e facer no noso territorio,
Sorprenderache co seu incrible atractivo turístico!
A innovación con gastro, concursos, actividades e música
Ademais da parte expositiva, a Feira da Conserva de Vilanova ofrece distintas novidades. Entre elas, dous concursos, algo que se botou de menos na súa anterior edición. Aínda que esta é a segunda edición da feira, esta cita pretende consolidarse como un evento de referencia en toda Galicia.
Disputaranse dous premios que recompensarán o esforzo das empresas. Por unha banda, premiarase á mellor caseta e, doutra banda, galardoarase ao produto comercial máis innovador.
Ademais, para experimentar novos sabores coas degustacións dos produtos, contaremos co acompañante perfecto das conservas. Haberá 4 bodegas especializadas en viños da D.O. Rías Baixas, que lembrarán á tradicional Festa do Albariño, onde este ano non se puido celebrar o tradicional apartado expositivo coas casetas das adegas.
Ao longo destas tres xornadas gastronómicas haberá unha variedade de actividades do máis variadas. O protagonismo lévano os 6 Showcooking que están programados durante toda a fin de semana. Na Casa Museo de Valle- Inclán de Vilanova poderán apuntarse unhas 20 persoas para participar nesta demostración culinaria con grandes cociñeiros como Rui Ribeiro, Miguel Mosteiro ou o Estrela Michelín Yayo Daporta.
A música tampouco poderá faltar nesta fin de semana en Vilanova, polo que para acompañar a sesión vermú do venres, con Nolo & Richo, haberá concertos as tres noites: Jorge Menéndez, M80 e Roi Casal, quen puxo banda sonora a Mar de Santiago. E, por suposto, os máis pequenos tamén terán o seu espazo, pois se desenvolverá un Obradoiro científico para coñecer os produtos da gastronomía galega.
Ademais, contaremos coa presenza do explorador e emprendedor español Álvaro de Marichalar Sáenz de Tejada, que nos dará unha conferencia sobre a súa actual expedición marítima en solitario polo mundo. Non a perdas mañá ás 12:00 h na Estación Marítima “Mar de Santiago”.
Consulta o programa ao completo
Se non queres perderte nada, bota un ollo á programación completa da única Feira da Conserva de Galicia. Achégate a descubrir o bo ambiente e o mellor comer que caracterizarán Vilanova de Arousa esta fin de semana.
Ven a despedir este agosto diferente e proba as conservas galegas máis innovadoras xunto a Mar de Santiago. Esperámoste!