Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » O músico catoirense Roi Casal ponlle música a Mar de Santiago

O músico catoirense Roi Casal ponlle música a Mar de Santiago

Mar de Santiago xa ten melodía! O músico catoirense Roi Casal foi o compositor elixido para poñer música ao vídeo de promoción desta ruta marítimo fluvial, que se rodou nos principais enclaves turísticos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures e que se presentará na caseta que Turismo de Galicia ten en Fitur, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, o mércores 19 de maio ás 17:30 horas.

En palabras do alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal  Seage, durante a presentación desta colaboración con Casal na que participaron representantes institucionais dos catro Concellos, “todos os grandes momentos están asociadas a unha gran melodía”, e no caso de Mar de Santiago, esta trátase da versión orquestrada de “ Vai  alborexar”.

Esta banda sonora, cun marcado carácter instrumental que inclúe o arpa, a  ocarina ou a gaita, transmite á perfección a épica que se quere trasladas aos visitantes ao longo da ruta marítimo fluvial: unha ruta ancestral que, segundo a lenda, sería a que percorrerían os restos do Apóstolo Santiago na súa chegada a Galicia desde Palestina, e que deu orixe á historia Xacobea. Pero máis aló do percorrido en barco, que moi pronto poderán sucar todos os visitantes que se acheguen a Galicia, Mar de Santiago é tamén unha iniciativa artística, histórica e cultural. Así, e coa banda sonora do Camiño á Orixe como fío condutor, o músico Roi Casal ofrecerá unha  mini xira de concertos en lugares emblemáticos dos catro concellos que conforman a ruta. A primeira cita terá lugar no porto fluvial de Pontecesures o próximo 23 de maio, e continuará en Valga, Vilanova e por último Catoira, terra natal do compositor. Unha escusa máis de entre os moitos motivos xa existentes para visitar Mar de Santiago e empaparse da historia do Camiño, pinga a pinga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *