O dramaturgo e escritor Ramón del Valle-Inclán é o ilustre veciño que nos acompañará nunha máxica viaxe a Vilanova de Arousa, vila mariñeira e unha das principais zonas de produción de mexillóns con selo DO Mexillón de Galicia. Zona costeira que acolle praias de augas tranquilas e area dourada coa ría de Arousa sempre no horizonte.

Dispón tamén dun patrimonio natural de excepción no que destaca o Monte Lobeira, que nos ofrece fantásticas vistas da zona, e restos históricos que fan de Vilanova unha parada imprescindible a fin de coñecer o Mar de Santiago.

Reproducir vídeo

Non te perdas

location

Praia O Terrón

Esta praia, duns 3 quilómetros de lonxitude, está unida ao porto de Vilanova de Arousa por unha cómoda pasarela peonil que permite achegarse andando ou en bicicleta, xa que se atopa moi preto do casco urbano. A súa area dourada e fina e as súas augas tranquilas convértena nun espazo perfecto, accesible e seguro para gozar en familia.

location

Casa museo Valle-Inclán

Coñecida tamén como “Casa do Cuadrante”, recolle boa parte da obra de Valle-Inclán e outras publicacións relacionadas coa súa vida, así como manuscritos doutros documentos relacionados coa vida e a administración de Vilanova de Arousa. Igualmente conta co mobiliario orixinal e aveños propios dunha casa galega de clase media de mediados do século XIX.

Coñecida tamén como “Casa do Cuadrante”, recolle boa parte da obra de Valle-Inclán e outras publicacións relacionadas coa súa vida, así como manuscritos doutros documentos relacionados coa vida e a administración de Vilanova de Arousa. Igualmente conta co mobiliario orixinal e aveños propios dunha casa galega de clase media de mediados do século XIX.

location

Casa museo Valle-Inclán

location

Praia As Sinas

Este é outro dos areais máis famosos de Vilanova e das Rías Baixas. Trátase dunha praia estreita e longa, duns 3 quilómetros de lonxitude, con aparcadoiro propio e rodeada de numerosos establecementos. Nela, ademais de gozar dun bo baño, é posible contemplar unha fantástica panorámica de toda a ría de Arousa e das bateas de mexillón desta vila mariñeira.

location

Porto Mar de Santiago

A estación marítima Mar de Santiago é o inicio do noso particular Camiño á Orixe. De aquí parten os barcos que percorrerán a ruta marítimo fluvial ata Pontecesures, aínda que neste porto tamén é posible ver a actividade dos numerosos pesqueiros do municipio que faenan na ría. Nas súas instalacións atópase ademais a oficina de información turística de Vilanova de Arousa.

A estación marítima Mar de Santiago é o inicio do noso particular Camiño á orixe. De aquí parten os barcos que percorrerán a ruta marítimo fluvial ata Pontecesures, aínda que neste porto tamén é posible ver a actividade dos numerosos pesqueiros do municipio que faenan na ría. Nas súas instalacións atópase, ademais, a oficina de información turística de Vilanova de Arousa.

location

Porto Mar de Santiago

OFICINA TURÍSTICA DE

Vilanova de Arousa

Luces de Bohemia, s/n • 36620 • Vilanova de Arousa (Pontevedra)