Os meandros do río que serpean no Val do Ulla delimitan a terra de Agustina Otero, máis coñecida como a Bella Otero, cantante, actriz e personaxe icónica da Belle Époque. Xoias naturais como as fervenzas e muíños de Parafita e Raxoi con bañeiras naturais de auga doce, o bonito parque fluvial do núcleo urbano, e enclaves
como a praia fluvial de Vilarello ou os muíños de dobre aspa do miradoiro de Beiro fan deste concello un paraíso verde no corazón da provincia de Pontevedra. Terra de augardentes e anguías, Valga tamén é berce do historiador e investigador Xesús Ferro Couselo, autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1996.
Non te perdas
Fervenza e muíños de Parafita e Raxoi
As fervenzas e muíños de Parafita e Raxoi son uns deses lugares que, si ou si, debes coñecer se vés visitar Valga. Trátase dun estreito canón polo que discorren con forza as augas do río Valga, formando constantes e fermosos saltos de auga aos que se accede por unha pasarela de madeira que son todo un espectáculo para a vista, especialmente durante os meses máis chuviosos.
Parque fluvial de Vilarello
O parque fluvial de Vilarello é un espazo natural situado no tramo final do río Ulla, rodeado de fermosas brañas verdes e douradas protexidas pola Red Natura 2000. Ademais dunha praia fluvial cunhas vistas de ensoño, na súa contorna hai parque infantil, zona de picnics, barbacoas e cafetería entre outros servizos.
O parque fluvial de Vilarello é un espazo natural situado no tramo final do río Ulla, rodeado de fermosas brañas verdes e douradas protexidas pola Red Natura 2000. Ademais dunha praia fluvial cunhas vistas de espectaculares, na súa contorna hai parque infantil, zona de picnics, barbacoas e cafetería entre outros servizos.
Parque fluvial de Vilarello
Lagoa Mina Mercedes
Esta gran lagoa de máis de 3 hectáreas e 20 metros de profundidade formouse ao se encher de maneira natural o burato creado por unha empresa local de explotación de arxila. Co tempo converteuse nun fermoso brañal polo que cada ano pasan numerosas especies de aves migratorias, e un espazo perfecto para dar un agradable paseo a través do sendeiro que rodea o lago.
Festa da anguía e Mostra da Caña do País
A anguía é un dos produtos gastronómicos do río Ulla máis descoñecidos, pero que sen dúbida paga a pena probar. Cada último fin de semana de agosto dedícaselle en Valga unha festa gastronómica, na que ademais de música e xogos populares tamén se inclúe unha mostra para a exaltación da Caña do país, que se fabrica en todas as parroquias do municipio e que está considerada unha das de maior calidade de toda Galicia.
A anguía é un dos produtos gastronómicos do río Ulla máis descoñecidos, pero que sen dúbida paga a pena probar. Cada última fin de semana de agosto dedícaselle en Valga unha festa gastronómica, na que, ademais de música e xogos populares tamén se inclúe unha mostra para a exaltación da Caña do País, que se fabrica en todas as parroquias do municipio e que está considerada unha das augardentes de maior calidade de toda Galicia.
Festa da anguía e Mostra da Caña do País
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga