Casa Museo Valle-Inclán
Casa museo Valle Inclán
Dirección
Rúa Luces de Bohemia s/n 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.56297830145871
Latitude: -8.827453953099708
Coñecida tamén como “Casa do Cuadrante”. O escritor nace nesta casa o 28 de outubro de 1866 e pasa nela os seus primeiros anos. Trátase dunha gran casa de estilo tradicional galego ou “estilo pacego” que foi propiedade do priorado beneditino instalado en Vilanova, no antigo mosteiro de San Cibrao de Cálogo. Tras varios cambios de mans, pasou á familia de Valle-Inclán, primeiro aos seus avós maternos e despois aos seus tíos.
En 1994 sufriu un aparatoso incendio que a deixou en moi mal estado, o que motivou que o concello a adquirise un ano despois, para restaurala e instalar nela o museo do escritor.
Actualmente podemos atopar na planta Baixa unha excelente exposición sobre a súa obra, formada por primeiras edicións das súas publicacións, periódicos e outros documentos. Na primeira planta recréase unha vivenda da época e móstranse diversos obxectos pertencentes ao autor. Tamén merecen a pena os coidados xardíns exteriores.
Na planta Baixa igualmente presta servizos a oficina de información turística.
OFICINA TURÍSTICA DE
Vilanova de Arousa