Saltar ao contido

Mar de Santiago

rutas emocionales
Cabecera-Mobile
Azul cabecera

Que é a Ruta?

Dámosche a benvida á Ruta Emocional do Mar de Santiago!

Complementa a túa viaxe pola Traslatio navegando polo único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo con esta ruta por terra. Ofrecémosche un percorrido de 34 quilómetros entre Pontecesures e Vilanova de Arousa, pasando por Valga e Catoira. Achégate á singularidade da contorna natural, historia, cultura, industria e enogastronomía dos catro municipios que integran o noso xeodestino.

Huellas-3

Por que é emocional?

huellas

A diferencia doutros percorridos, en Mar de Santiago queremos que descubras a importancia deste territorio da man de persoas vencelladas ao territorio. As súas verbas acompañarante na túa viaxe a pé polos municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa.

Déixate levar pola emoción e descubre todo o que as nosas testemuñas che teñen que contar sobre o noso xeodestino!

Huellas-3
Por que emocional
huellas

Como funciona?

O percorrido pódelo realizar tanto en dirección Pontecesures-Vilanova de Arousa como á inversa. O grao de dificultade é baixo, xa que discorre case todo a nivel do mar. Podes completalo nunha única etapa -que se pode realizar nunha única xornada -, ou dividilo nos dous tramos que prefiras.

Dá igual a opción que escollas. O máis importante é que terás a posibilidade de coñecer toda a información sobre o percorrido e aos distintos lugares de interese -tanto principais como secundarios e, incluso, recomendados-. Unha oportunidade única para descubrir todo o que Mar de Santiago agocha alén de ser o territorio polo que pasaron os restos do Apóstolo no seu camiño a Santiago, dando lugar á Traslatio e ao fenómeno das peregrinacións a Compostela.

Visita virtual

A continuación, atoparás un completo mapa interactivo no que che amosamos o percorrido. Verás que aparecen diferentes iconas que se corresponden con distinto tipo de arquivos multimedia vencellados aos puntos de interese da ruta.

Atoparás vistas aéreas, panorámicas 360º e audioguías que che axudarán a descubrir máis detalles sobre a fermosura do territorio e tamén sobre a súa historia, cultura e evolución. Presta moita atención aos vídeos das testemuñas. Elas son as verdadeiras protagonistas!

Este pequeno adianto seguro que che dará máis gañas de completar este percorrido a pé por Mar de Santiago!

Características da Ruta

Punto de inicio: Peirao de Pontecesures

Punto final: Estación Marítima do Mar de Santiago

Grao de dificultade: baixa, fácil

Altitude: nivel do mar

Percorrido: 34,177 quilómetros

Lenda

intro

Video

dron

Videos de dron

audioguia

Audioguías

entrevista

Testemuñas

360

Imaxe 360º

pano

Vista panorámica

recreacion

Recreación virtual

intro

Video

dron

Videos de dron

audioguia

Audioguías

entrevista

Testemuñas

360

Imaxe 360º

pano

Vista panorámica

360

Imaxe 360º

pano

Vista panorámica

recreacion

Recreación virtual

A Ruta a pé

Cando realices o percorrido a pé, atoparaste con diferentes paneis informativos nos que verás os máis de medio cento de puntos de interese principais, secundarios e recomendados da ruta. Ademais, o itinerario atópase totalmente sinalizado para que non perdas

Presta moita atención ás balizas cos códigos QR! Escanéaos desde o teu móbil e accede directamente aos vídeos das nosas testemuñas! É unha oportunidade única de descubrir este territorio da man das súas persoas protagonistas!

Testemuñas

Anímaste a acompañarnos nesta viaxe? Velaquí as persoas que atoparás no teu percorrido:

Roi Casal

Embaixador do Mar de Santiago e músico

Daniel Seijas
Daniel Seijas

Doutor en Historia Contemporánea e profesor de ESO

Avelina Eitor
Avelina Eitor

Unha das últimas patifas de Pontecesures

Chelly Diéguez
Chelly Diéguez

Neta do fundador de Cerámica Celta-L Calera, Ramón Diéguez.

Pilar Túñez

Vogal da Asociación de amigos do Belén Artesanal de Valga

Jose Castineiras
José Castiñeiras

Ex traballador da empresa Novo y Sierra de Valga

Santiago Chenlo

Técnico de Cultura do Concello de Valga

Amparo Feiria
Amparo Freiría

Veciña de San Paio e unha das organizadoras da Procesión dos Lacóns de Valga

Diego Piay
Diego Piay

Profesor de Historia Antiga na Universidade de Ourense

Cristina Garcia
Cristina García Fontán

Arquitecta e paisaxista

mar de santiago
Luis Rei

Veciño de Catoira

Juan Carlos Juncal
Juan Carlos Juncal Piñeiro

Bateeiro

Benito Leiro

Cronista oficial de Vilanova de Arousa

Pedro Pineiro
Pedro Piñeiro

Académico da Real Academia Xacobea

Anabel y Adolfo
Anabel García y Adolfo Picáns

Directora de RRPP e responsable de Adegas Granbazán

Ver todos

Santiago Chenlo

Técnico de Cultura do Concello de Valga

Amparo Feiria
Amparo Freiría

Veciña de San Paio e unha das organizadoras da Procesión dos Lacóns de Valga

Diego Piay
Diego Piay

Profesor de Historia Antigua na Universidade de Ourense

Cristina Garcia
Cristina García Fontán

Arquitecta e paisaxista

mar de santiago
Luis Rei

Veciño de Catoira

Juan Carlos Juncal
Juan Carlos Juncal Piñeiro

Bateeiro

Benito Leiro

Cronista oficial de Vilanova de Arousa

Pedro Pineiro
Pedro Piñeiro

Académico da Real Academia Xacobea

Anabel y Adolfo
Anabel García e Adolfo Picáns

Directora de RRPP e Responsable
de Adegas Granbazán

As súas verbas levaranche por unha serie de sensacións e emocións coas que poderás obter unha completa experiencia que deixará Mar de Santiago na túa memoria.

Anímate a complementar a Traslatio con este percorrido a pé e coñece todos os segredos do noso xeodestino!