Portada » Sen categoría

Sen categoría

Feira da Conserva de Vilanova

Descobre todo o que Mar de Santiago pode ofrecer na caseta que terá na II Edición da Feira da Conserva de Vilanova

Mar de Santiago continúa co seu agosto máis festivo no que non faltan as exaltacións gastronómicas. Neste caso, falamos da súa participación na II edición da Feira da Conserva de Vilanova de Arousa, que terá lugar entre o mañá e o domingo.
Esta feira é a única centrada nas conservas que hai en toda Galicia, un sector tradicional da zona das Rías Baixas. Na localidade, instalarase esta fin de semana un total de 27 casetas, das cales, 26 pertencerán a empresas conserveiras galegas que darán a coñecer as súas ideas e produtos máis innovadores. E na caseta restante, Mar de Santiago, poñerá en valor todo o seu encanto.