Saltar ao contido

Mar de Santiago

Descubre

Non importa como sexa ou a viaxe na que esteas pensando: Mar de Santiago é moito máis ca unha ruta marítimo fluvial, é un destino en si mesmo que pode adaptarse a todas as necesidades e gustos. Xa veñas con nenos, queiras gozar da mellor gastronomía de Galicia, esteas á caza de aventuras ou queiras gozar dunha experiencia náutica, neste Camiño á orixe temos o que estás buscando. Toma nota das nosas propostas!