Que ver e facer en Vilanova
A estación marítima Mar de Santiago é o inicio do noso particular Camiño á Orixe, pois deste lugar parten os barcos que percorren a ruta marítimo fluvial ata Pontecesures.
Atópase unida ao Porto de Vilanova de Arousa por unha cómoda pasarela peonil que fai moi sinxelo achegarse ao areal tanto andando como en bicicleta.
Na Praza do Castro, moi preto do porto Mar de Santiago, atópase o Monumento a Ramón María del Valle-Inclán, un dos autores clave da literatura de todo o século XX e veciño máis ilustre da localidade mariñeira de Vilanova de Arousa.
Coñecida tamén como “Casa do Cuadrante”. O escritor nace nesta casa o 28 de outubro de 1866 e pasa nela os seus primeiros anos.
Na planta Baixa igualmente presta servizos a oficina de información turística.
Os Camba destacaron no mundo das letras e o periodismo e na súa casa consérvanse primeiras edicións das súas obras, folletos, xornais, manuscritos e fotografías ademais dos obxectos cotidáns que eles utilizaron.
Nela, ademais de gozar dun bo baño, é posible contemplar unha fantástica panorámica de toda a ría de Arousa e das bateas de mexillón desta vila mariñeira.
Actualmente, boa parte da economía do municipio segue vinculada á pesca e ao marisqueo, moi especialmente á cría do mexillón que se realiza nos centenares de bateas que se poden ver ao longo de toda a costa.
Unha escaleira exterior permite acceder á parte alta, desde a que se divisa a ría de Arousa e parte da comarca do Salnés.
Situado nun pequeno montículo boscoso, a uns 290 metros sobre o nivel do mar, é un punto moi frecuentado por sendeiristas.
A torre é o único resto que permanece en pé do antigo mosteiro beneditino de San Cibrao de Cálogo, fundado por San Frutuoso no s. VII.
Desde 1994, e durante a segunda fin de semana de agosto, tanto veciños de Vilanova coma miles de visitantes e turistas reúnense para gozar dos seus produtos estrela, o mexillón e o berberecho, que son servidos de múltiples maneiras e elaboracións.
Esta festa está declarada de Interese Turístico de Galicia.
OFICINA TURÍSTICA DE
Vilanova de Arousa