Miradoiro da Cruz de Lobeira
Miradoiro da Cruz de Lobeira
Dirección
András (San Lourenzo) 36619 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.56397562201191
Latitude: -8.761985630759394
Situado nun pequeno montículo boscoso, a uns 290 metros sobre o nivel do mar, nun día claro ofrécenos espectaculares panorámicas da ría de Arousa, a illa de Ons, istmo do Grove, e incluso a serra do Barbanza e o val do Salnés.
No miradoiro atópase un monumento ás vítimas do mar en forma de gran cruz e unha placa do Almirantado británico que recorda os mariñeiros mortos no afundimento do buque escola “Serpent”.
É un punto moi frecuentado por sendeiristas que inclúen nas súas rutas o paso por este miradoiro e o veciño Faro das Lúas.
OFICINA TURÍSTICA DE
Vilanova de Arousa