Casa Museo dos Irmáns Camba
Casa Museo dos Irmáns Camba
Dirección
Rúa Irmáns Camba s/n 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.56189987225453
Latitude: -8.82418799407386
Localizada no barrio de Vilamaior, trátase dunha construción de pedra e de estilo tradicional na que destaca a súa entrada cunha escaleira de pedra que termina nun patín ou patamal, tamén de pedra. Esta fachada conserva o seu escudo nobiliario.
Os Camba destacaron no mundo das letras e o periodismo e na súa casa consérvanse primeiras edicións das súas obras, folletos, xornais, manuscritos e fotografías ademais dos obxectos cotiás que eles utilizaron.
O edificio vén de ser rehabilitado e os fondos museísticos, ampliados. Os horarios de visita son os seguintes:
De martes a domingo: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.00 horas
Luns: pechado
Prezos por entrada
Xeral: 3 €
Grupos grandes: 2,5 €
Grupos reducidos: 1,5 €
OFICINA TURÍSTICA DE
Vilanova de Arousa