Que ver e facer en Valga
Situada na proximidade da desembocadura do río Ulla na ría de Arousa, trátase dun hábitat de gran valor ambiental que inclúe unha ampla braña e a súa fauna asociada que forman parte do LIC Sistema Fluvial Ulla-Deza, integrado na Red Natura 2000.
Durante anos foi unha explotación de arxila dunha empresa local de Valga da que quedou un enorme oco que, de forma natural, foise enchendo de auga ata formar a maior lagoa de orixe non natural da provincia de Pontevedra.
Cada ano, entre o primeiro domingo de decembro e o segundo de xaneiro, renovan este nacemento único e espectacular que foi declarado Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico de Galicia.
Consta de catro plantas que nos achegan ao territorio e ao medio natural, á historia, á vida e obra de Ferro Couselo e, finalmente, a unha personaxe tan apaixonante como a Bella Otero.
Situado nas inmediacións da N-550, trátase dunha área recreativa con amplo arborado e atravesada polo río Valga.
Sen dúbida, unha das personaxes máis internacionais da historia de Valga.
Percorreu o mundo como bailarina exótica, cantante e incluso actriz e pódese considerar a primeira artista española coñecida internacionalmente. Faleceu en Niza en 1965.
Localizado entre os núcleos de Parafita e Raxoi que lle dan nome, trátase dun estreito e accidentado canón polo que baixan con forza as augas do río Valga formando continuos saltos e fervenzas.
Escavado inicialmente en 2010 e 2012, fóronse atopando diversos niveis de ocupación que arrincan en torno ao século IV d.C. e chegan ata o século XVIII.
Nesta zona de piñeiral con pequenas rutas e zonas de merendeiros, destaca un antigo muíño de vento restaurado e que dá mostra da importancia deste tipo de construcións na economía de Valga sendo un exemplo de aproveitamento tradicional das enerxías renovables.
Tamén coñecida como Capela dos Martores, trátase dunha construción moi sinxela, en pedra e de planta rectangular.
Algúns autores sitúan nas súas proximidades unha necrópole sueva e incluso dise que aquí podería estar un dos posibles soterramentos de Prisciliano. Este foi executado en Treverorum (Tréveris, Alemaña) en 385 acusado de herexía, xunto a parte dos seus discípulos. Os seus seguidores consideráronos mártires e, de aí podería ter chegado o topónimo de Martores.
Cada última fin de semana de agosto, desde 1989, celébrase a Festa da Anguía, para enxalzar e difundir este delicioso peixe que ten no río Ulla un dos seus mellores caladoiros. Un par de anos despois engadiuse a celebración da Mostra da Caña do País como mostra da calidade e popularidade que a augardente ten en todas as parroquias de Valga.
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga