Saltar ao contido

Mar de Santiago

Valga é un municipio galego situado na provincia de Pontevedra, ás beiras do río Ulla. Este municipio é famoso pola anguía, produto gastronómico por excelencia, e pola elaboración de Caña do País, das mellores consideradas de Galicia. Tamén foi berce da Bella Otero, unha das cantantes e actrices máis famosas da Belle Époque francesa.

Aeroporto

O aeroporto máis próximo a Valga é o de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro-Lavacolla), situado a uns 25 minutos (40 quilómetros) do municipio a través da autopista AP-9, con accesos en Padrón e Carracedo.

Transporte público

Aínda que Valga non conta con estación de tren nin de autobús propia, a parada de tren de Pontecesures atópase moi próxima, a uns 5 minutos en coche do centro da localidade.

En coche

Ademais da estrada N-550, que une Valga co resto de municipios da ruta Mar de Santiago, tamén é posible chegar a esta localidade a través da AP-9 e da Autovía do Barbanza, ambas con saída en Padrón, a menos de 10 minutos en coche.

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42°69’97.04″
Latitude: O8°64’84.89″

Tempo de desprazamento

Vilanova de Arousa: 30 minutos
Catoira: 12 minutos
Pontecesures: 5 minutos

OFICINA TURÍSTICA DE

Valga

Rúa Baixa s/n. Valga (Pontevedra)