Lagoa Mina Mercedes
Lagoa Mina Mercedes
Dirección
36648 Valga, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.71002591416132
Latitude: -8.666897650365097
Durante anos foi unha explotación de arxila dunha empresa local de Valga da que quedou un enorme oco que, de forma natural, foise enchendo de auga ata formar a maior lagoa de orixe non natural da provincia de Pontevedra, con algo máis de 3 ha, e uns 20 m de profundidade. Desde aquí partía unha singular liña aérea de vagonetas que, suspendidas dun cable, transportaban os produtos ata un embarcadoiro no río Ulla.
Actualmente, este gran brañal é parada habitual de diversas clases de aves migratorias, como patos e cisnes, ademais de anfibios e peixes.
O agradable sendeiro que rodea a lagoa, o equipamento de pasarelas, bancos, mesas e pantaláns para practicar a pesca sen morte, fan deste lugar unha alternativa de ocio.
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga