Festa da Anguía e Mostra da Caña do País
Festa da Anguía e Mostra da Caña do País
Dirección
36620 Valga, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.69844840641956
Latitude: -8.648043072958403
Cada última fin de semana de agosto, desde 1989, celébrase a Festa da Anguía, para enxalzar e difundir este delicioso peixe que ten no río Ulla un dos seus mellores caladoiros. Un par de anos despois engadiuse a celebración da Mostra da Caña do País como mostra da calidade e popularidade que a augardente ten en todas as parroquias de Valga, onde se elabora en distintas modalidades.
Desde entón, ambas celebracións reúnen miles de visitantes que acoden a Valga para gozar de múltiples preparacións de anguías acompañadas coa degustación de augardentes. O amplo programa de actividades iníciase uns días antes con catas de augardentes, concurso-ruta de tapas de anguía, exposicións etc., e complétase cunha destilación de augardente ao xeito tradicional no Centro de Interpretación da Caña do País, xogos infantís, actuacións musicais, o pregón, e a exhibición do místico Conxuro da Queimada.
Esta festa está declarada de Interese Turístico de Galicia.
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga