Saltar ao contido

Mar de Santiago

Belén artesanal en movemento

  • Belen Artesanal de Valga
  • Belen Artesanal de Valga
Dirección

Rúa Nova-Campaña, PO-548, 4 36647 Valga, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.70577846324714

Latitude: -8.672535930686628

Cada ano, entre o primeiro domingo de decembro e o segundo de xaneiro, os integrantes da asociación Amigos del Belén renovan este singular e espectacular Nacemento no que a tradición relixiosa se conxuga coa actualidade social formando un belén único que foi declarado Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico de Galicia.

O horario de visitas durante a época do Nadal é o seguinte: 

  • De luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas
  • Sábados, de 17.00 a 20.30 horas
  • Domingos e festivos, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas


Entre o segundo domingo de xaneiro e principios de outubro, o Belén Artesanal de Valga pódese visitar baixo reserva previa chamando ao teléfono 630 952 515. Tamén se utilizaría este teléfono para solicitar visitas fóra do horario de apertura dentro da tempada de Nadal.

OFICINA TURÍSTICA DE

Valga

Rúa Baixa s/n. Valga (Pontevedra)