Capela de San Mamede
Capela de San Mamede
Dirección
Lugar Os Mártores 36645 Valga, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.68937580897585
Latitude: -8.612894831075488
Tamén coñecida como “Capela dos Martores”, trátase dunha construción moi sinxela, en pedra e de planta rectangular. Sen ningunha decoración exterior, só destacan na súa fachada principal unha pequena ventá, para que entre a luz natural no interior e, sobre esta, unha espadana, moi sinxela, que alberga a única campá da igrexa. Xunto á porta temos unha pequena mesa de pedra ou “Pousadoiro”.
A súa orixe sitúase entre os séculos IV e V, pero coñécense varias reformas nos séculos XII, XVII, e outra en 1949. No seu interior descubriuse unha ara romana do s. IV dedicada a Mercurio, mentres que no atrio pódense ver dous sartegos medievais en pedra, aínda que se supón que puidera haber algún máis na contorna.
Algúns autores sitúan nas súas proximidades unha necrópole sueva, e incluso se di que aquí podería estar un dos posibles soterramentos de Prisciliano. Este foi executado en Treverorum (Tréveris, Alemaña) en 385, acusado de herexía, xunto a parte dos seus discípulos. Os seus seguidores consideráronos mártires e, de aí podería ter chegado o topónimo de “Martores”.
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga