Saltar ao contido

Mar de Santiago

Estatua da Bella Otero

  • Estatua de La Bella Otero
  • Estatua de La Bella Otero
  • Estatua de La Bella Otero
Dirección

Parque municipal 36620 Valga, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.69851112969982

Latitude: -8.647714618387973

Sen dúbida, unha das personaxes máis internacionais da historia de Valga. Agustina Otero, ese é o seu verdadeiro nome, naceu en 1868 nunha familia moi pobre, sen pai e case sen educación. Aos dez anos foi brutalmente violada por un veciño do lugar, o que lle causou un gran trauma e fixo que abandonara a vila aos poucos meses para non retornar xamais.

A partir de aquí empeza a súa lenda, que a sitúa en Lisboa –onde baila en locais, e incluso exerce a prostitución–, Barcelona ou Marsella, para recalar en París, cidade na que triunfa como bailarina. En pouco tempo a súa fama percorre Europa e relaciónase con algúns dos homes máis poderosos da época, moitos dos cales foron os seus amantes e protectores.
Percorreu o mundo como bailarina exótica, cantante e incluso actriz, e pode ser considerada como a primeira artista española coñecida internacionalmente. Faleceu en Niza en 1965.

Esta estatua, de bronce reproduce un cartel dunha das súas actuacións no famoso cabaré de París, Folies-Bergère. É obra do escultor padronés Camilo Rodríguez Vidal e foi instalada en 2003. No Museo da Historia de Valga podemos consultar máis información sobre esta enigmática muller.

OFICINA TURÍSTICA DE

Valga

Rúa Baixa s/n. Valga (Pontevedra)