Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Descubre Mar de Santiago na ponte de decembro

Descubre Mar de Santiago na ponte de decembro

A ponte de dicembro está á volta da esquina, así que é o momento perfecto para planexar esa escapada que tanto estabas desexando. Ademais, este ano os festivos caen a luns e mércores, o que che permitirá desfrutar de varios días de desconexión da rutina. É por iso, que neste post che propoñemos diversos plans en Mar de Santiago que seguro che encantarán. Ven e descubre Mar de Santiago na ponte de dicembro!

Pontecesures, exaltación da arquitectura

O primeiro lugar de Mar de Santiago que te invitamos a visitar é Pontecesures, onde a arquitectura che servirá de excusa para dar un agradable paseo. A primeira parada levarache a coñecer  Igrexa románica de San Xulián de Requeixo, cuxas obras finalizaron no ano 1116 e na que poderás observar elementos únicos como as cabezas de dos monstruos formando parte dos seus canecillos. Anímaste a buscalas?

Recomendamos que continúes a travesía por Pontecesures coa visita ao edificio histórico Alfolí de Renta, máximo expoñente do estilo barroco do municipio. A súa construción no 1795 tiña como finalidade a almacenaxe de diversos produtos, como o sal, que partían cára Santiago de Compostela. Terás que visitalo para descubrir o seu impresionante escudo borbónico e a inscrición que figura na súa fachada.

Pontecesures é un territorio cheo de encantos, entre os que se atopa o seu porto fluvial, punto de referencia da ruta Traslatio. Achégate ao porto e poderás embarcarte nun dos seus barcos e descubrir o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo mentras surcas as súas augas.

Tradición y diversión en Valga

Se te queres empapar de espírito navideño coa túa familia, en Mar de Santiago ofrecémosche unha estupenda opción. Valga convértese nestas datas no lugar idóneo para gozar dun plan que aúna tradición e diversión.

Anímate a coñecer o Belén Artesanal en Movimiento de Valga, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, que abrirá as súas portas o primeiro domingo de dicembro. Ano tras ano, os membros da asociación renovan este nacemento no que terás a posibilidade de ver esceas de tradición relixiosa acompañadas de elementos dunha aldea galega actual.

E se es dos que lles gusta estar á última, temos boas novas para ti. Nos últimos días déronse por finalizadas as obras do novo embarcadoiro do río Ulla en Campaña, que recibirá embarcacións turísticas que realicen a Traslatio. E é que, aínda non será ata xaneiro cando entre en funcionamiento, desde xa mesmo podes acceder ao pantalán e admirar as magníficas vistas ao río Ulla desde calquera dos seus bancos.

Catoira, naturaleza para perderse

Outro dos territorios que forman parte de Mar de Santiago é Catoira, onde atoparás espazos naturais de beleza espectacular. É o caso da Laguna de Pedras Miúdas, antigua canteira que se foi enchando de augaprocedente de manantiais subterráneos. Poderás deleitarte coa paisaxe da zona camiñando polos seus sendeiros e pasarelas. Ademais, na súa aula medioambiental terás toda a información sobre o proceso de rexeración natural da laguna.

Se falamos de Catoira, debemos facer unha mención especial aos seus muíños. Sabías que este é o único municipio de Galicia que alberga exemplos dos tres tipos de muíños tradicionais? No post de hoxe centrarémonos nos muíños de vento, os cales podes visitar ascendendo desde a laguna ata a cima de Pedras Miúdas. Fíxate nos seus sistemas de dobre aspa bidireccionais e na súa estrutura de pranta circular e torre fixa. Sen dúbida, unha mostra de patrimonio única!

Nste municipio tamén poderás descubrir a historia e cultura de Mar de Santiago a través do Centro de Activación Cultural Torres do Oeste (CACTO). Conta cun completo espazo expositivo, onde poderás comprobar como evolucionou o noso territorio desde a Prehistoria ata a actualidade, faciendo fincapié na importancia dos vikingos en Catoira.

Unha viaxe cultural e gastronómica por Vilanova de Arousa

Achegámonos a Vilanova de Arousa para finalizar o noso itinerario polos territorios de Mar de Santiago. Se por algo destaca este municipio, é pola súa oferta cultural, entre a que se atopa a Casa-Museo de Valle Inclán.

Ramón del Valle-Inclán é unha das figuras máis emblemáticas de Vilanova de Arousa. Na Casa-Museo adicada ao escritor, tamén denominada “Casa do Cuadrante”, terás a oportunidade de contemplar unha vivenda de mediados do século XIX de estilo “pacego”. Pero, sen lugar a dúbidas, o seu principal atractivo reside na exposición permanente formada por primeiras edicións das obras de Valle-Inclán que non te debes perder se visitas Mar de Santiago.

Por último, propoñémosche unha parada obrigada deste destino de Mar de Santiago. Tómate o teu tempo para saborear as delicias gastronómicas que poderás degustar nos múltiples restaurantes do municipio. O manxar por excelencia son os mexillóns, cultivados nas bateas de mexillóns que avistarás ao longo da costa, que poderás acompañar de viño Albariño de excelente calidad da D.O. Rías Baixas, como che contamos neste este post.

Como terás visto, no territorio de Mar de Santiago poderás gozar de experiencias para todos os gustos. Desde actividades culturais como diversos museos e exposicións, pasando pola degustación de exquisitos produtos da súa gastronomía, sen esquecernos dos magníficos espazos naturais nos que poderás respirar ar puro. Invitámosche a descubrilo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *