Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Contámosche 4 experiencias que só poderás vivir en Mar de Santiago

Contámosche 4 experiencias que só poderás vivir en Mar de Santiago

Mar de Santiago está formado por catro municipios nos que poderás descubrir paisaxes e historias únicas que non atoparás en ningún outro lugar. Aproveitando que a ponte de decembro está preto, queremos compartir contigo 4 experiencias que só poderás vivir en Mar de Santiago. Descobre por que este xeodestino de Galicia ofrece vivencias únicas!

Descubre a vida do marisqueo en Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa, na costa de Mar de Santiago, ofrece unha experiencia inmersiva na vida do marisqueo a pé, unha actividade tradicional e moi relevante para Galicia dada a cantidade de persoas que se dedican a ela, mulleres na súa maioría.

Este traballo, require de coñecementos específicos que foron transmitidos de xeración en xeración e, no noso xeodestino, concretamente en Vilanova de Arousa, é unha imaxe moi típica que poderás ver ao teu paso polo territorio.

Ademais, tal é a importancia deste traballo no noso destino, que no mes de setembro, durante a inauguración da iniciativa “Ecolóxicos a mares”, a estación marítima Mar de Santiago, foi a primeira en instalar o cartel identificativo de batea ecolóxica en Galicia. É dicir que, para obter alimentos, respectarase ao medio ambiente, tendo en conta o benestar animal e o mantemento e mellora dos mares, ríos e chans.

Contemplar o único muiño de sistema de dobre aspas en Catoira

Catoira, na provincia de Pontevedra, alberga un tesouro arquitectónico único en toda Europa: os muíños de vento de Abalo. O que fai extraordinarios a este conxunto de construcións é o seu dobre sistema de aspas, un trazo distintivo que os diferenza dos do resto do continente.

Na cima de Pedras Miúdas, sobre o cantil da lagoa e no Monte Mesón de Abalo, atópanse estes dous conxuntos de muíños de vento cunhas excelentes vistas sobre a ría de Arousa e a desembocadura do Ulla. Estas construcións de finais do S. XIX e principios do XX, bidirecionais de planta circular e torre fixa, son unha tipoloxía única en Galicia. Virás descubrilos?

Coñecer de cerca a Ponte Romana de Pontecesures

En Pontecesures, un pequeno municipio a beiras do río Ulla, espérate a súa ponte romana. Este, é un elemento esencial na historia e a economía da zona desde a súa orixe, xa que estamos nun importante cruzamento de camiños que, aínda a día de hoxe, une as terras de Pontevedra e A Coruña.

Como dato, tamén debes saber que, aínda que no seu estado actual conserva doce arcos, no momento da súa construción, o río Ulla abarcaba unha extensión moito maior, polo que a ponte chegou a ser máis ancho do que o vemos a día de hoxe.

Ademais, o nome desta ponte está moi relacionado coa orixe do topónimo Pontecesures, algo que o fai moi especial. Cruza este antigo monumento do noso xeodestino!

Visitar o Belén Artesanal de Valga

Belén de Valga 2022

Co Nadal á volta da esquina, Valga xa está a ultimar os detalles do seu tradicional e coñecido Belén artesanal. Este espectáculo do Nadal, coidadosamente elaborado, mostraranos un resumo do 2023 en forma de pezas. Este ano non podes perderte este belén único en toda Galicia. Divírtete observándoo!

En Mar de Santiago poderás vivir experiencias auténticas que te somerxerán na riqueza cultural, histórica e festiva deste encantador xeodestino. Ven e descubre por ti mesmo o que fai que estas catro vivencias sexan verdadeiramente únicas e aproveita para coñecer en profundidade os 4 municipios que conforman Mar de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *