Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Mar de Santiago descobre o seu Camiño á Orixe en Fitur

Mar de Santiago descobre o seu Camiño á Orixe en Fitur

PresentacionCaminoMarDeSantiagoFitur

Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada en Madrid foi o escenario perfecto para presentar o novo produto turístico de Mar de Santiago. O destino procura que peregrinos w visitantes descubran o Camiño á Orixe tomando a ruta da Traslatio como base. Buses turísticos circulares polo territorio, máis reforzo das liñas de barco a través do único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo e unha credencial propia -a cuncha de Mar de Santiago- centran grande parte das propostas que se desenvolverán durante este ano.

CaminoMarDeSantiagoFitur

Ademais da propia presentación do novo produto turístico, os representantes dos municipios de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga Pontecesures aproveitaron para promocionar o territorio a nivel internacional. Entre as accións, destacou a participación da delegación de Mar de Santiago nunha presentación na embaixada Rusa. Nela, o músico -e embaixador do destino- Roi Casal fixo sonar a súa arpa no lugar, para deleite dos asistentes.

Hermanamento con México

Mar de Santiago tamén foi o protagonista dunha xornada de presentación dos territorios mexicanos de Chihuahua e Oaxaca. A raíz deste encontro promoveuse a sinatura dun acuerdo de intencións cos municipios de Madera e de Oaxaca para desenvolver actividades conxuntas e poñer en marcha un hermanamento dos territorios a ambos os dous lados do Océano Atlántico. O Camiño e as peregrinaciónes a Santiago serán tamén outros dos puntos de unión desta alianza transfronteiriza.

Reportaxe sobre Mar de Santiago para Latinoamérica

As alianzas cos territorios mexicanos levou a que a productora Karen Santamaría visitara esta semana Mar de Santiago. Unha experiencia que lle valeu para descubrir o Camiño á Orixe das peregrinacións a través do percorrido da Traslatio. Ademais, a profesional mexicana tamén tivo a oportunidade de descubrir os puntos de interese de cada un dos catro municipios que integran este territorio:

  • pesca da lamprea en Pontecesures
  • A historia de La Bella Otero e a natureza en Valga
  • A tradición e a historia das Torres de Oeste en Catoira
  • A influencia literaria e as vistas á ría en Vilanova de Arousa

Todo isto complementado por un fascinante remonte do río Ulla descubrindo o único Vía Crucis Marítimo-Fluvial do mundo. Karen Santamaría asegurou sentirse moi sorprendida pola belleza das paisaxes, así como por toda a cultura e historia que envolven Mar de Santiago. Uns coñecementos e sensancións que plasmará nunha reportaxe que se emitirá por televisión para toda Latinoamérica e que tamién se poderá ver a través de La 2 de TVE.

Captación de peregrinos para o Camino á Orixe

Outro dos labores desenvolvidos pola delegación de Mar de Santiago en Fitur foi a captación de peregrinos ilustres para que veñan a coñecer o Camiño á Orixe. Entre eles, o alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, e a presidenta da comunidade madrileña, Isabel Ayuso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *