Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Sen categoría » Páxina 4

Sen categoría

Feira da Conserva de Vilanova

Descobre todo o que Mar de Santiago pode ofrecer na caseta que terá na II Edición da Feira da Conserva de Vilanova

Mar de Santiago continúa co seu agosto máis festivo no que non faltan as exaltacións gastronómicas. Neste caso, falamos da súa participación na II edición da Feira da Conserva de Vilanova de Arousa, que terá lugar entre o mañá e o domingo.
Esta feira é a única centrada nas conservas que hai en toda Galicia, un sector tradicional da zona das Rías Baixas. Na localidade, instalarase esta fin de semana un total de 27 casetas, das cales, 26 pertencerán a empresas conserveiras galegas que darán a coñecer as súas ideas e produtos máis innovadores. E na caseta restante, Mar de Santiago, poñerá en valor todo o seu encanto.

Festa vikinga de Catoira

Mar de Santiago volve a viaxar no tempo ca Romaría Viquinga de Catoira

Entre os moitoss atractivos de Mar de Santiago podemos presumir de que no noso territorio contamos cunha festa declarada de Interés Turístico Internacional desde 1988. Cada primeiro domingo de agosto celébrase a tradicional Romería Viquinga na localidade de Catoira.
Este ano, aínda que diferente a como a coñecemos, tamén foi unha cita que non faltou para os catoirenses. E é que o espírito dos viquingos volveu a inundar o lugar coa súa particular viaxe no tempo.