Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Os 4 espazos museísticos que che cautivarán no teu Camiño por Mar de Santiago

Os 4 espazos museísticos que che cautivarán no teu Camiño por Mar de Santiago

PostEspaciosMuseisticosMarDeSantiago

Se no teu Camiño buscas unha experiencia histórica, cultural e gastronómica única, Mar de Santiago ofréceche todo tipo de posibilidades. O noso territorio conta con 4 espazos museísticos que te cativarán. A súa variedade de temáticas e recursos e unha coidada selección de materiais farán que coñezas os segredos de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa.

E para que non perdas detalle, aquí che amosamos os seus principais encantos:

  • Casa Museo de Valle-Inclán

Se te animas a percorrer a variante espiritual do Camiño Portugués, en Vilanova poderás achegarte á vida e obra do creador das Luces de Bohemia. Ramón María del Valle-Inclán naceu na coñecida como Casa do Cuadrante e alí pasou os primeiros anos da súa vida. 

Na súa planta baixa, atoparás unha exposición sobre a súa obra, entre as que se atopan xoias como as primeiras edición das súas publicacións, periódicos e outros documentos de interese. Na primeira planta, meteraste de cheo na época de Valle-Inclán. Poderás ver unha recreación da vivenda típica daquel tempo, onde se atopan diferentes obxectos propiedade do literato.

  • Centro de Activación Cultural Torres de Oeste

Continuando o teu Camiño por Mar de Santiago, adentraraste nunha viaxe no tempo en Catoira. Aquí encóntrase o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste, recentemente renovado.

Na planta baixa verás unha área de exposicións que recrea unha nave viquinga. Nela achegaraste á historia das Torres de Oeste, ás invasión nórdicas e á evolución do territorio. Sorprenderache a sala audiovisual do soto, onde te somerxerás na celebración da Romaría Vikinga, Festa de Interese Turístico Internacional, a través dun vídeo inmersivo.

  • Museo da Historia de Valga:

Tamén un percorrido a través do tempo atoparás no Museo da Historia de Valga. Nas súas catro plantas, encontrarás diversas zonas expositivas. Déixate envolver polo espírito das súas personaxes ilustres, cos espazos adicados a La Bella Otero, considerada a primeira actriz española que adquiriu fama internacional. Ademais dos seus vestidos, tamén poderás ver carteis anunciadores -fiel reflexo da Belle Époque– das súas actuacións.

E se queres coñecer como era a vivenda tradicional de Galicia, xusto ao lado do museo poderás ver unha recreación. Unha viaxe completa pola historia, a cultura e a tradición de Valga e da zona.

  • Casa da Lamprea:

Se es un amante da gastronomía autóctona, en Pontecesures atoparás un espazo especialmente dedicado para iso. A Casa da Lamprea móstrache as cualidades deste singular e ancestral peixe, tamén coñecido como A dama do Ulla.

Este pequeno espazo museístico encóntrase ao lado da Praza de Abastos cesureña. Nela atoparás documentación e recursos audiovisuais sobre a súa pesca e a Festa da Lamprea.

Así que xa sabes… Enriquece o teu Camiño en Mar de Santiago visitando calquera destes 4 centros museísticos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *