Saltar ao contido

Mar de Santiago

Centro de Activación Cultural Torres de Oeste

  • Centro de Activación Cultural Torres de Oeste
  • Centro de Activación Cultural Torres de Oeste
  • Centro de Activación Cultural Torres de Oeste
  • Centro de Activación Cultural Torres de Oeste
  • Centro de Activación Cultural Torres de Oeste
Dirección

Paseo Xelmírez, 2, 36612 Catoira, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.6746167658779

Latitude: -8.722724667388817

Próximo ás Torres de Oeste e ao Paseo Fluvial, encóntrase este moderno edificio asinado polo arquitecto César Portela. A planta baixa alberga, ademais dunha oficina de turismo, unha ampla sala de exposicións, deseñada como unha nave viquinga na que se mostra a historia das Torres, as incursións nórdicas a Galicia etc. O soto inclúe unha sala audiovisual para a proxección de vídeos e imaxes, mentres que na primeira planta instalouse unha área didáctica e zona de xogos. Trátase, polo tanto, dun moderno espazo multiúsos que funciona como centro de interpretación e oficina de turismo.

No exterior podemos ver a réplica dunha das embarcacións viquingas que acostuman participar todos os veráns na tradicional Romaría Viquinga.

O horario de apertura a partires do 30 de maio de 2023 (tanto do CACTO como da súa oficina de turismo) é o seguinte:

  • Luns: pechado
  • De martes a domingo: de 10.30 a 15.30 e de 16.00 a 21.00 horas


A entrada é de balde.

 

OFICINA TURÍSTICA DE

Catoira

Paseo Xelmírez 2, Catoira (Pontevedra)