Saltar ao contido

Mar de Santiago

Que ver e facer en Catoira

As Torres de Oeste son os restos da fortaleza coñecida como “Castellum Honesti” levantada no S. IX polo rei Alfonso III O Magno para facer fronte aos frecuentes ataques que normandos, viquingos e sarracenos realizaban a estes terras. Sucesivamente foi ampliada ata alcanzar, no S. XII, un tamaño impoñente, cunha gran muralla e sete torres.

Catoira conta coas únicas embarcacións viquingas que podemos atopar en Galicia e quizais en toda España. Trátase de tres reproducións, bastante fidedignas, baseadas en navíos que se conservan en museos de Dinamarca e Noruega.

Coñecida como Illa do Rato ou Ínsua dos Ratos, en realidade trátase dun pequeno illote rochoso situado no río Ulla, fronte ás Marismas de Catoira e moi cerca da ponte de Catoira e as Torres de Oeste.

Trátase dun extenso e coidado espazo natural na desembocadura do Ulla que comunica o centro de Catoira coas Torres do Oeste e segue ata o veciño municipio de Valga, percorrendo así un tramo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Próximo ás Torres de Oeste e ao Paseo Fluvial, encóntrase este moderno edificio asinado polo arquitecto César Portela. A planta baixa alberga, ademais dunha oficina de turismo, unha ampla sala de exposicións, deseñada como unha nave viquinga na que se mostra a historia das Torres, as incursións nórdicas a Galicia etc. O soto inclúe unha sala audiovisual para a proxección de vídeos e imaxes, mentres que na primeira planta instalouse unha área didáctica e zona de xogos.

Orixinariamente era unha canteira que, unha vez clausurada, deixou á vista un enorme oco que se foi enchendo coa auga de varios mananciais subterráneos, ata dar lugar á lagoa actual.

Hai dous conxuntos de muíños de vento cunhas excelentes vistas sobre a ría de Arousa e a desembocadura do Ulla.

Diego Xelmírez é un dos persoaxes históricos máis relevantes da historia da ruta Mar de Santiago.

En honra a esta relevante figra histórica levántase unha estatua na Alameda de Catoira, construído en ferro fundido polos alumnos do Obradoiro Escola Vikinga II entre 1999 e 2001.

Trátase, sen dúbida, dunha das máis singulares festas que se celebran en Galicia e na que se rememora a resistencia local ás frecuentes invasións viquingas.

Na actualidade, e organizado polo concello de Catoira, transcendeu por completo á festa orixinal, o seu elemento máis significativo, para xerar todo un fenómeno cultural e turístico.

OFICINA TURÍSTICA DE

Catoira

Paseo Xelmírez 2, Catoira (Pontevedra)