Saltar ao contido

Mar de Santiago

Drakkars vikingos

  • Drakkar Catoira
  • Drakkar Catoira
  • Drakkar Catoira
  • Drakkar Catoira
  • Drakkar Catoira
Dirección

Torres de Oeste, EP-8001, 58, 36612 Catoira, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.676733271475555

Latitude: -8.72605732232388

Catoira conta coas únicas embarcacións viquingas que podemos encontrar en Galicia e quizais en toda España. Trátase de tres reproducións, bastante fidedignas, baseadas en navíos que se conservan en museos de Dinamarca e Noruega.

O primeiro deles é o Torres de Oeste. Construído en 1993, é unha copia exacta do Skuldelev 5, atopado no fondo do fiorde danés de Roskilde. O segundo, botado no 2008, é o Frederikssund, para cuxa construción se usaron como referencia os navíos viquingos Gokstad e Oseber, ambos noruegueses. O nome do barco corresponde á vila danesa, irmandada con Catoira en 1997. Ambas embarcacións acostuman estar amarradas no embarcadoiro próximo ás Torres de Oeste e empréganse en recreacións e percorridos polo Ulla, ademais da Romaría Viquinga que se celebra cada primeiro domingo de agosto.

O terceiro drakar, o máis recente, é unha reprodución en poliéster realizada en Ardglass (Irlanda do Norte) no 2019 pola asociación de recreación histórica Ardglass Vikings co mesmo molde empregado para realizar gran parte dos barcos que aparecen na serie Vikinhs, aínda que os traballos de carpintería foron realizados en Galicia. Do mesmo xeito que as dúas anteriores, esta embarcación atópase no peirao das Torres de Oeste.

OFICINA TURÍSTICA DE

Catoira

Paseo Xelmírez 2, Catoira (Pontevedra)