Illa de Castrivello e cruceiro
Illa do Rato e cruceiro
Dirección
Ponte de Catoira 36612 Catoira, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.678992722424496
Latitude: -8.726321264829549
Tamén coñecida como Illa do Rato ou Ínsua dos Ratos, en realidade trátase dun pequeno illote rochoso situado no río Ulla, fronte ás Marismas de Catoira e moi cerca da ponte de Catoira e as Torres do Oeste. Nunha das súas rochas levantouse nos anos 60 un cruceiro que forma parte do Vía Crucis instalado para conmemorar a chegada do corpo do Apóstolo Santiago. Este percorrido alegórico está formado por dezasete pezas repartidas por toda a Ría de Arousa.
Destaca unha pequena figura de Santiago, na metade do varal e mirando cara ao río, así como catro cruces de Santiago, unha en cada cara do capitel. Na súa parte máis alta remátase cun Cristo crucificado, que parece mirar cara á ría , e unha figura da Virxe María na cara oposta, cara ás Torres do Oeste.
OFICINA TURÍSTICA DE
Catoira