Estatua Arcebispo Diego Xelmírez

  • Estatua Arzobispo Diego Gelmírez
  • Estatua Arzobispo Diego Gelmírez
  • Estatua Arzobispo Diego Gelmírez
Dirección

Alameda de Catoira 36612 Catoira, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.666652266308894

Latitude: -8.72235799944251

Diego Xelmírez é un dos persoaxes históricos máis relevantes da historia da ruta Mar de Santiago. Nado nas Torres de Oeste por ser o seu pai o alcaide da fortaleza, Xelmírez chegou a ser o primeiro Arcebispo da Catedral de Santiago de Compostela. Coñecedor da importancia desta fortificación para a defensa dos tesouros da Catedral, o Arcebispo manda reforzalo e incluso constrúe instalacións portuarias e estaleiros para albergar a que se pode considerar a primeira frota de guerra dos reinos cristiáns da Península Ibérica, en loita cos sarracenos. Entre os séculos XII e XVI, Compostela vive o auxe da devoción ao Apóstolo Santiago e a chegada de miles de peregrinos, moitos dos cales continúan camiño ata Catoira para orar na pequena capela dedicada a Santiago existente nas Torres, de forma similar ao que ocorría con Muxía ou Fisterra.


En honra a esta relevante figra histórica levántase unha estatua na Alameda de Catoira, construida en ferro fundido polos alumnos da Escola Taller Viquinga II entre 1999 e 2001.

OFICINA TURÍSTICA DE

Catoira

Paseo Xelmírez 2, Catoira (Pontevedra)