Saltar ao contido

Mar de Santiago

Catoira é un municipio situado na provincia de Pontevedra, no noroeste peninsular de España (Galicia). Levantado ás beiras do río Ulla, moi preto xa da desembocadura na ría de Arousa, a súa historia sempre estivo vencellada á das súas torres, fortaleza defensiva dos tesouros de Santiago de Compostela durante a Idade Media.

Aeroporto

O aeroporto máis próximo a Catoira é o de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro – Lavacolla), situado a pouco máis de media hora do municipio (52 quilómetros) a través da autopista AP-9.

Transporte público

O municipio catoirense conta coa súa propia estación de tren pola que pasan regularmente convois que percorren a liña de Vigo-Pontevedra-Vilagarcía de Arousa-Santiago de Compostela-A Coruña en ambos sentidos. No recinto non hai venda de billetes, polo que só hai que subir ao tren e, unha vez no interior, solicitarlle o billete ao revisor.

En coche

Catoira ten excelentes conexións se pensas chegar pola estrada. Podes facelo a través da autopista AP-9 con saída en Padrón, que enlaza directamente coa Autovía do Barbanza, na que o municipio ten a súa propia saída. Tamén é posible chegar pola estrada nacional a través da N-550, que vertebra tamén cos municipios de Pontecesures e Valga.

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42°66’69.61″
Latitude: 08°72’16.80″

Tempo de desprazamento:

Vilanova de Arousa: 26 minutos
Valga: 12 minutos
Pontecesures: 15 minutos

OFICINA TURÍSTICA DE

Catoira

Paseo Xelmírez 2, Catoira (Pontevedra)