Este San Valentín, goza da maxia de Mar de Santiago, un xeodestino formado polos municipios de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures. Descobre como cada recuncho deste marabilloso lugar pode converterse no escenario perfecto para celebrar o amor en parella neste día que xa se está achegando. Axudámosche a organizar a túa escapada!
Vilanova de Arousa, a túa parada na costa
En Vilanova de Arousa, poderás pasear polas súas praias máis coñecidas como a de As Sinas, onde, mentres admiras as súas augas azuis, o son do mar pon unha banda sonora perfecta. Ademais, se ti e a túa parella sodes de facer roteiros polos bancos máis famosos de Galicia, non podedes perdervos o de “Presume de Vilanova” para enmarcar este enclave nos vosos recordos. Este está a cruzar a pasarela de O Terrón, onde, ademais, atoparedes tamén a praia co mesmo nome.
Catoira, historia e fortaleza
Catoira, coas súas famosas e históricas Torre de Oeste, convídate a explorar a súa fortaleza. Este San Valentín, namórate desta vila viquinga visitando a súa riqueza histórica e patrimonial. Ademais, en Catoira poderás pasear pola lagoa de Pedras Miúdas, un enclave precioso que, aínda que anteriormente foi unha canteira, debido á acumulación de auga converteuse nun Espazo Natural de Interese Local.
Valga, natureza e tranquilidade en parella
Valga, un remanso de serenidade, ofrece a oportunidade perfecta para conectar co teu ser querido. Achégate ao Miradoiro de Beiro, esta zona de piñeiral ten merenderos e un antigo muíño de vento de dobre aspa. Trátase dun lugar perfecto para conectar coa natureza e coa túa parella. Ademais, desde aí, poderás visitar outro miradoiro que se atopa a uns 5 minutos, o da Perdiz. A súa estrutura de ferro ten forma de corazón e na parte superior podemos ler “Quérote”. Que mellor día para visitalo que o de San Valentín?
Pontecesures, encanto nas beiras del Río Ulla
As beiras do río Ulla en Pontecesures, crean un ambiente romántico e tranquilo. Pasea pola Ponte Romana e goza da vista do río, capturando momentos especiais coa túa parella. E, se sodes uns amantes da lamprea, non podedes deixar de visitar o centro de interpretación situado a beiras do río, na Praza de Abastos. Pasea por este municipio e descobre os seus recunchos cheos de historia e encanto.
En Mar de Santiago, a beleza, a historia e a cultura están presentes en cada recuncho para crear un escenario perfecto para celebrar o amor en San Valentín. Descobre a maxia de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures e deixa que Mar de Santiago sexa testemuña do teu amor este San Valentín.