Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Mar de Santiago impúlsase como xeodestino de referencia nacional

Mar de Santiago impúlsase como xeodestino de referencia nacional

Mar de Santiago, formado polos municipios de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures,  toma impulso como xeodestino de referencia a nivel tanto nacional como internacional. De acordo coas estatísticas do Instituto Nacional de Estatística (INE) relativas á Medición do turismo nacional e receptor a partir da posición dos teléfonos móbiles, o número de visitantes nos municipios de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures incrementouse en case un 22% nos tres últimos anos.

“Aínda que se trata dunha estatística de carácter experimental, si que nos aporta datos significativos sobre o incremento da afluencia de visitantes ao noso xeodestino. Estos resultados non deixan de ser unha recompensa ao intenso traballo promocional que os catro Concellos desenvolven de xeito conxunto a prol de dar a coñecer a singularidade e importancia deste territorio”, indican desde Mar de Santiago.

De acordo cos datos do INE, os catro municipios rexistraron pasaron dun total de 16.811 visitantes nacionais no 2021 a 20.466, nos dez primeiros meses deste ano (as estatísticas só contemplan datos ata o mes de outubro). Isto supón un aumento dun 21,75% nos últimos tres anos, que coincide cos diversos esforzos en materia de promoción realizadas polo xeodestino.

Como se pode observar na táboa, os meses de verán resultan especialmente significativos para o territorio, xa que entre xuño e setembro é cando se concentra o maior número de visitas, e máis concretamente entre xullo e agosto.

Cómpre salientar que neses meses se concentran iniciativas como a expedición da Ruta Quetzal ou distintas celebracións como a Romaría Vikinga de Catoira, a Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova ou a Festa da Anguía e da Caña do País en Valga. Contribuíndo á destacionalización, rexístranse incrementos de visitas entre os meses de marzo e abril, coincidindo coa celebración da Semana Santa e tamén coa Festa da Lamprea de Pontecesures, polo de atracción para miles de visitantes.

A nivel xeral, a media de visitantes ao xeodestino mensual entre xaneiro e outubro deste ano é de preto de 5.000 persoas. Desglosado por municipios Vilanova de Arousa é o que maior número de visitas medias rexistra por mes, pasando das 5.962 do 2021 ás 7.860 nos 10 primeiros meses deste ano, xa que as estatísticas do INE só teñen datos ata novembro do 2023. No caso de Catoira, a media de visitantes mensual é de 3.037 persoas, mentres que no caso de Valga a cifra ascende ata as 5.812. Finalmente, Pontecesures rexistrou un total de 3.149 visitantes nacionais por mes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *