Mar de Santiago é moito máis que un roteiro marítimo fluvial, é un destino en si mesmo que pode adaptarse a toda as necesidades, gustos e condicións. Por iso, aínda que chova, trone ou faga sol, estás en rumbo cara ás mellores propostas para ti. Queda a descubrir 4 plans diferentes para facer en Mar de Santiago nos días de choiva!
Museo de Historia de Valga
A choiva sempre é unha posibilidade en Galicia, pero en Valga atoparás unha opción perfecta. O Museo de Historia de Valga divulga o patrimonio natural e a historia do concello, o que o converte no lugar ideal para saber máis sobre este municipio de Mar de Santiago.
Ademais, o edificio principal tamén contén exposicións sobre a vida e obra de Ferro Couselo e da Bela Otero. Por se non fose suficiente, un anexo a este edificio recrea como era a vivenda tradicional galega hai un século.
Casa da Lamprea na Praza de Abastos en Pontecesures
A lamprea é un dos moitos produtos gastronómicos identitarios da zona de Mar de Santiago, pero en especial do municipio de Pontecesures. Por iso, ademais de celebrarse a festa da Lamprea, neste concello decidiron incluír na Praza de Abastos a Casa da Lamprea, un local con material informativo como paneis, pantallas ou fotografías sobre este curioso peixe tan característico do Ulla.
O Centro de Activación Cultural Torres de Oeste
Se che apaixonan as historias de Viquingos en especial o Centro de Activación Cultura Torres de Oeste deCatoira é perfecto para ti nos días de choiva. Neste municipio de Mar de Santiago atópase un moderno edificio, obra de César Portela, que acolle unha ampla sala de exposicións con esta temática, incluíndo réplicas de embarcacións.
Casa Museo dos Irmáns Camba
Más preto da costa, está casa Museo dos Irmáns Camba, en Vilanova de Arousa. O fogar natal destes dous irmáns, que destacaron no mundo das letras e o xornalismo, contén varios dos seus libros, folletos, xornais e manuscritos que nos achegan ao seu legado.
Non hai escusa, Mar de Santiago é unha alternativa perfecta para os días de choiva. Este roteiro ofréceche plans para todos os gustos, desde ofertas máis culturais, como a visita ao Museo de Historia de Valga, o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste de Catoira ou Casa Museo dos Irmáns Camba en Vilanova de Arousa; a plans máis vinculados coa tradición, como a Casa da Lamprea en Pontecesures. Planea agora a túa próxima escapada!