Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Que facer este Nadal en Mar de Santiago?

Que facer este Nadal en Mar de Santiago?

Os catro municipios que forman o xeodestino Mar de Santiago, nestas datas tan especiais, vístense de luces, cor e alegría para ofrecer aos seus visitantes unha experiencia de Nadal única. Desde o tradicional belén artesanal de Valga ata actividades moi variadas coma concertos, talleres ou accións solidarias, hai algo para todos. Segue lendo noso post e descobre todo o que Mar de Santiago ten para ofrecerche na recta final do ano.

Nadal artesanal e solidario en Valga

Un dos atractivos principais en Valga é o impresionante belén artesanal, un excelente traballo creado pola asociación Amigos do Belén e que cada ano recibe a miles de visitantes que se achegan unicamente a descubrir as súas pezas feitas a man.

Ademais, as Escolas do CRA de Valga, nun xesto solidario, están a levar a cabo unha recollida de alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene persoal ata o luns 18 de decembro. Todas as doazóns serán trasladadas aos servizos sociais do concello de Valga.

Catoira vive o Nadal con música

Catoira prepárase para deleitar aos seus habitantes e visitantes cunha serie de tres concertos organizados pola súa Escola de Música Municipal.

O venres 15, con piano, trombón, saxofón e violoncelo; O sábado 16 con trompeta, trompa, frauta e música e movemento; e, o martes 19 con clarinete, percusión e banda xuvenil.

O auditorio municipal será o escenario destas interpretacións musicais que farán soar o espírito do Nadal no municipio. Ven a gozar da música nunha contorna festiva!

Pontecesures, unha programación de Nadal para toda a familia

Dende o 15 de decembro ata o 7 de xaneiro, Pontecesuresénchese de vida cunha programación de Nadal chea de actividades para todas as idades. Talleres, actuacións e a esperada visita de Papá Noel polas aldeas do municipio o 24 de decembro, son só algúns dos eventos que farán que estas festas sexan inesquecibles. Somérxete na maxia do Nadal e participa nas actividades que Pontecesures ten preparadas.

Ademais, para despedir o Nadal, o día 7 de xaneiro, Día do patrón, haberá unha festa do churro, amenizada co Dúo Nueva Era e outras moitas actuacións ó longo da mañá.

Vilanova de Arousa: encanto na súa decoración e unha viaxe máxica en tren

Desde o domingo 3 de decembro, Vilanova de Arousa transfórmase nun escenario máxico cunha decoración encantadora en Xardín Umbrío. Descobre as casiñas decoradas e goza dun paseo no tren turístico, a nova atracción infantil do Xardín Umbrío para estas festas. A programación inclúe música, humor, lectura e, para os máis pequenos, unha festa infantil o venres 22 con inchables e pintacaras. A diversión está garantida para toda a familia!

Este Nadal, visita Mar de Santiago e descubre a riqueza cultural e festiva do noso territorio. Agardámoste cos brazos abertos para compartir xuntos esta época tan especial!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *