Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Escapada de 3 días a Mar de Santiago para a ponte de outubro – Parte 1

Escapada de 3 días a Mar de Santiago para a ponte de outubro – Parte 1

Se esta ponte de outubro es dos afortunados que pode gozar dunha escapada a Galicia, recomendámosche que marques Mar de Santiago como un dos destinos imprescindibles para gozar da túa viaxe.

Se xa estás decidido, desde o noso xeodestino propoñémosche un roteiro de tres días para descubrir algúns dos imprescindibles de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa. Neste post descubriremos a mellor maneira de moverse por Mar de Santiago e desvelaremos o planning para a primeira xornada da túa escapada.

 Toma nota para non perder nin un detalle!

O primeiro… como chego a Mar de Santiago?

Aínda que durante as últimas semanas gozamos de temperaturas estivais en toda Galicia e especialmente nas Rías Baixas, non debemos esquecer que a ponte do Pilar ten lugar en outubro, polo que os días son xa máis curtos. Para espremer ao máximo a túa escapada en Galicia, o mellor será, sen dúbida, que nos visites en coche.

Pero entón… hai algún problema se vés en avión ou en tren? En absoluto! Tanto se chegas ao aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro Lavacolla coma se o fas á estación de tren de Santiago Compostela, en ambos lugares é moi rápido e sinxelo alugar un coche.

Unha vez teñas o teu vehículo, toma a autoestrada AP-9 en dirección a Pontevedra: nun cómodo traxecto de escasos 20 minutos chegarás á saída de Pontecesures, primeira parada do teu roteiro.

Día 1: Chegada e visita a Pontecesures

Despois de toda unha xornada de viaxe, a nosa recomendación é que te aloxes en Pontecesures, primeiro municipio do noso xeodestino e un bo lugar para iniciar a túa escapada de forma relaxada. O tamaño reducido desta localidade convértea nun lugar perfecto para gozar dunha tarde tranquila de outono, dando un paseo mentres descobres algúns imprescindibles do lugar e do noso xeodestino: a súa ponte romana, con doce preciosos arcos sobre o río Ulla datados do século 1 d.C.

A continuación, propoñémosche un plan perfecto para gozar do atardecer: diríxete ao miradoiro do Pino Manso, que ofrece unhas vistas inigualables da comarca e do inicio da ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, sobre a que discorre o noso xeodestino.

É hora de irse a descansar tras unha esgotadora xornada de viaxe, pero a visita a Pontecesures non termina aínda! Pola mañá, tras un bo almorzo, non podes deixar a localidade sen pasar pola Praza de Abastos e o seu interesantísima Casa da Lamprea, un pequeno centro de interpretación sobre este curioso peixe que leva séculos pescándose na localidade seguindo técnicas tradicionais.

E agora si, é o momento de poñer rumbo cara á seguinte parada do noso percorrido. Se queres saber máis, atento ao noso próximo post, onde desvelaremos todos os detalles para que poidas organizar a túa escapada a Mar de Santiago para esta ponte do Pilar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *