Ademais de polas súas paisaxes e gastronomía, Mar de Santiago agocha outros encantos que chamarán a túa atención. Hoxe amosámosche as catro figuras icónicas que te atoparás no teu Camiño polo noso territorio.
Valle-Inclán en Vilanova de Arousa
No teu Camiño por Vilanova de Arousa atoparaste coa figura de Valle-Inclán. Un dos autores clave da literatura española do século XX é protagonista dun conxunto escultórico desta localidad. Composto por 5 pezas de bronce presididas pola imaxe de Vallé-Inclán, amosa os principais personaxes das súas obras máis célebres.
O tamén coñecido como Manco de Lepanto conta coa súa propia Casa-Museo, que resulta da restauración da vivenda familiar na que naceu e viviu o literato. Un centro no que se pueden atopar auténticas xoias da cultura.
Diego Xelmírez en Catoira
Continuando o percorrido por Catoira, na súa Alameda atoparás unha estatua na honra de Diego Xelmírez, unha das figuras máis destacadas de Mar de Santiago. Nacido nas Torres de Oeste, o seu papel resultou fundamental. Foi o primeiro Arcebispo da Catedral de Santiago e centrou os seus esforzos en defender a cidade dos invasores sarracenos.
Xelmírez reforzou a fortificación catoirense e mandou construír instalacións portuarias e asteleiros para dotar ao seu exército das armas precisas para loitar contra as invasións. Grazas él tamén se construíu a Capela de Santiago -aínda en pé-, lugar de referencia para persoas devotas do Apóstolo e que completaban aquí o seu Camiño cára Compostela.
La Bella Otero en Valga
No parque Dios Mosquera de Valga, moi preto do itinerario do Camiño Portugués ao seu paso por este municipio de Mar de Santiago, atoparaste cunha estatua na honra a La Bella Otero. Nacida en 1868, a valguesa Agustina Otero pódese considerar como a primeira artista española coñecida internacionalmente.
Lisboa, Barcelona, Marsella, París, Niza… La Bella Otero convertíuse nunha das figuras máis relevantes da Belle Époque percorrendo o mundo como bailarina exótica, cantante e tamén actriz. No Museo da Historia de Valga podes coñecer máis detalles sobre a súa importancia e traxectoria.
El Fito Xacobeo en Pontecesures
E finalizamos este percorrido polas figuras icónicas de Mar de Santiago co Fito Xacobeo en Pontecesures. A escultura, que verás a carón da Ponte Romana da localidade, representa un Apóstolo vestido como un peregrino medieval. Trátase da última das 17 imaxes do único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo que só encontrarás no noso territorio.
Os diferentes cruceiros amosar o Camiño seguido polo corpo do Apóstolo Santiago na súa viaxe desde Xerusalén ata Compostela. Un percorrido co que podes navegar á orixe das peregrinacións a través da Traslatio.
Como podes ver, Mar de Santiago é lugar de cultura, historia, mitos e lendas. Anímaste a completar a túa experiencia no Camiño no noso territorio?