Mar de Santiago será de novo o punto de inicio do Ruta Quetzal. A expedición traerá máis de 200 mozos de toda España ao xeodestino e dará comezo no noso territorio. A súa chegada está prevista para o 1 de xullo, data na que se iniciará esta especial viaxe dedicada aos mellores expedientes académicos do país, e a viaxe estenderase ata o 14 de xullo.
Baixo o nome Expedición 2023. Cara á Luz do Fin do Mundo, esta iniciativa conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do xeodestino Mar de Santiago. O proxecto implica unha viaxe de estudos e aventura no que as persoas participantes poderán descubrir os escenarios protagonistas na historia da antiga Gallaecia, revivindo o seu pasado e percorrendo o camiño da luz dos faros que aluman a costa máis temida de España, a Costa da Morte.
Mar de Santiago será o campamento base desta aventura. En Vilanova de Arousa, os máis de 200 participantes descubrirán esta vila mariñeira e achegaranse á figura do literato Ramón María del Valle-Inclán.
Non faltará a gastronomía nesta Expedición 2023. De feito, poderán coñecer o traballo na unha das principais zonas produtoras de mexillón amparado baixo a DOP Mexillón de Galicia, visitando as súas bateas.
Desde a estación de Mar de Santiago realizarán o percorrido da Traslatio pola único vía crucis marítimo-fluvial do mundo. Durante o itinerario, coñecerán as Torres de Oeste, en Catoira, enclave estratéxico durante as invasións normandas.
Continuando o percorrido a bordo, os mozos descubrirán as fermosas paisaxes dos meandros que o río Ulla forma en Valga. Aquí realizarán unha pequena parada fronte á praia fluvial de Vilarello, punto de referencia para visitantes e peregrinos.
Finalizará a expedición a través da Traslatio coa chegada ao porto fluvial de Pontecesures. Alí, achegaranse á gastronomía propia deste municipio, coa lamprea como protagonista, e descubrirán a importancia da ponte de orixe romana que une as provincias de Pontevedra e A Coruña.
Unha vez concluído o periplo por Mar de Santiago, a Ruta Quetzal continuará a aventura en Portugal, onde realizarán unha parada na localidade de Ponte de Lima. Desde alí, realizarase un descenso en kaiak ata a desembocadura do río Lima en Viana do Castelo, cidade que tamén visitarán.
Desde aquí, regresarán a Galicia para chegar ata Compostela. A partir deste punto, a expedición fará a súa particular homenaxe ao 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, en 1993. Para iso, a comitiva desprazarase a Fisterra e realizará un completo percorrido por Costa da Morte, finalizando en A Coruña. Alí, os máis de 200 mozos participarán seguirán un singular itinerario lembrando o 50 aniversario do falecemento de Pablo Picasso.