Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Mar de Santiago a un paso: consulta os horarios de trens e finaliza o teu Camiño no noso territorio

Mar de Santiago a un paso: consulta os horarios de trens e finaliza o teu Camiño no noso territorio

  • Axenda
TrenPontecesuresMarDeSantiago

Completa a túa experiencia xacobea descubrindo a orixe das peregrinacións. Dende Santiago poderás desplazarte en tren ata Pontecesures para despois tomar o barco que te levará cara ao Mar de Santiago a través do único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo.

Aquí tes os horarios dos trens para que non perdas detalle:

SANTIAGO – PONTECESURES

Luns – Venres
Sábados e domingos
6:14 10:12
10:12 13:22
13:22 16:32
15:00 19:50
16:32 20:25
19:50  
20:25  

PONTECESURES – SANTIAGO

Luns – Venres
Sábados e domingos
6:11 10:22
8:05 13:39
10:22 16:11
13:39 19:33
16:11 21:34
19:33  
21:34  

Dende Santiago podes tomar o tren ata Pontecesures. Como podes ver, contas con multitude de posibilidadades para desprazarte durante os meses de verán dun modo sencillo, accesible e asequible.

Unha vez que chegues a Pontecesures (onde estarás en aproximadamente media hora), so terás que achegarte ao porto fluvial, localziado a un pequeno paseo dende a estación  do ferrocarril desta vila. Aquí poderás tomar un dos barcos que te levarán a sucar as augas cara o Mar de Santiago.

Qué poderás descubrir durante este traxecto?

A viaxe en barco dura aproximadamente 90 minutos e descubrirache as paisaxes a pé de río de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa. Terás a oportunidade de seguir os pasos do Apóstolo recorrendo o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. Este percorrido coñécese como a Traslatio e, segundo conta a lenda, por estas augas do Ulla pasou a barca de pedra na que os dous discípulos do Apóstolo Santiago, Atanasio e Teodoro, levaron os restos cara Compostela.

Ademais de descubrir 12 dos 17 singulares cruceiros da Traslatio, terás a oportunidade de descubrir os incribles meandros do Ulla en Valga, así como sorprenderte coas Torres de Oeste, espazo que, na época das invasións viquingas foi coñecido como a Fortaleza de Compostela. E cruzando o estuario do Ulla desde Catoira adentraraste na desembocadura do río na Ría de Arousa. Cruzarala entre as tradicionais bateas que debuxan a paisaxe para recalar finalmente na estación marítima de Vilanova de Arousa

Unha vez aquí, poderás descansar da túa longa viaxe a través dos Camiños e despois da túa chegada a Compostela, nas fermosas praias deste municipio. Aquí tamén atoparás unha oferta gastronómica e cultural que poñerá o broche á túa experiencia xacobea.

Anímaste a gozar desta experiencia? Esperámoste en Mar de Santiago!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *