Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Mar de Santiago conquista ao embaixador ruso en España coa súa oferta turística diferenciada

Mar de Santiago conquista ao embaixador ruso en España coa súa oferta turística diferenciada

VisitaEmbajadorRusoMarDeSantiago

Mar de Santiago conquista a toda persoa que ten a oportunidade de coñecer este destino. A oferta turística diferenciada nos municipios que o integran –Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures– conforman un gran atractivo. E o embaixador ruso en España, Yuri P. Korchagin, deixouse seducir polos seus encantos.

Tanto é así que se animou a navegar o Mar de Santiago descubrindo en barco a único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. A través das augas, o embaixador ruso viviu en primeira persoa ese Camiño á Orixe a través do Roteiro Xacobeo do Mar de Arousa e Ulla. Nel, descubriu o percorrido da Traslatio desde Vilanova de Arousa ata Pontecesures, gozando da riqueza paisaxística e patrimonial.

Durante o seu percorrido estivo acompañado polos alcaldes dos catro Concellos que conforman este destino turístico. Así, Gonzalo Durán (Vilanova de Arousa); Alberto García (Catoira); José María Bello (Valga), e José Manuel Vidal (Pontecesures) foron os encargados de explicar ao diplomático os principais atractivos do territorio. Estiveron tamén acompañados polo delegado territorial da Xunta na provincia de Pontevedra, José Luis López Diéguez.

A promesa de visitar Mar de Santiago

O interese de Yuri P. Korchagin por Mar de Santiago naceu na presentación deste novo destino na feira Fitur de Madrid. Ademais, a Federación Rusa tamén mantén unha estreita relación co Concello de Vilanova de Arousa, co que se atopa hermanado. Estes lazos estreitáronse aínda máis coa participación do diplomático na apertura da exposición Nenos Pintores de Arousa. Intercambio cultural España-Rusia 30 anos despois. A ela seguiulle a inauguración dunha campá regalada pola comunidade rusa a Vilanova.

Este acto serviu como punto de inicio para a viaxe do embaixador ruso por Mar de Santiago. Ademais do percorrido en barco, tamén puido gozar da riqueza enogastronómica deste destino. Non faltou, neste sentido, a degustación do augardente de Valga, un produto icónico e que se pon en valor a través da Mostra da Caña do País, que se celebra todos os anos no municipio. Xa en Pontecesures, tivo a oportunidade de degustar os viños típicos da zona -da D.O. Rías Baixas-, ademais doutros caldos galegos, así como de achegarse a un dos pratos máis típicos deste municipio, a lamprea. Definida como a dama do Ulla, é a protagonista dunha das principais exaltacións gastronómicas deste concello.

Valor cultural e patrimonial en Mar de Santiago

A visita tamén serviu para achegar a Yuri P. Korchagin ao amplo valor cultural e patrimonial que Mar de Santiago pon ao dispor das persoas visitantes. Entre os aspectos que descubriu destacan o Museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa, así como as Torres de Oeste en Catoira.

O embaixador ruso en España definiu a oferta de Mar de Santiago como “orixinal”. E non é de estrañar, xa que é un destino ideal para complementar a experiencia xacobea. Tras finalizar o percorrido na Catedral, pódese poñer o broche de ouro gozando da variada oferta de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures, todos eles unidos por ese Camiño á Orixe.

Foto: J.L.L.D.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *