Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Plans para complementar un Camiño do máis navideño en Mar de Santiago

Plans para complementar un Camiño do máis navideño en Mar de Santiago

NavidadCaminoMarDeSantiagoVilanova

As panxoliñas comezan a soar, anunciando a chegada dunha das épocas máis festivas do ano, o Nadal. O territorio de Mar de Santiago ilumínase de miles de luces e cores que inundan o ambiente de ledicia e ilusión. Se es un amante dest esta época e se estás a realizar o Camiñoo, quédate a leer este post no que che propoñemos entretidos plans e vive o Nadal de Mar de Santiago connosco. Amosámosche unha serie de plans cos que complementar a túa Ruta a Compostela sumerxíndote no espírito propio desta época.

Nadal sostible en Pontecesures

A vila de Pontecesures, que salienta pola súa Ponte Romana,engalanou as súas rúas para recibir estas datas navideñas. se te achegas, poderás desfrutar dunha iluminación con motivos máis modernos con respecto a anos anteriores. Entre eles, destaca unha gran campá de luces led que atoparás na Plazuela do pobo, apostando, así, pola sostibilidade.

A boa acollida da poboación ante esta nova aposta do municipio de Mar de Santiago súmase, ademais, a decoración realizada polos propios veciños na Praza de Valeiros. Recomendámosche quevisites este singular conxunto realizado con adornos de plástico reciclado. Verás que non lle falta detalle, pois conta cun gran árbol navideño, así como con dous mosaicos: un dos Reies Magos e un colorido Belén. Sen dúbida, unha proposta do máis orixinal que non te puedes perder.

Parada obrigada en Valga

Se hai un lugar que é sinónimo de tradición navideña, é Valga. Cada ano, o seu Belén Artesanal en Movimiento convértese en parada obrigada para miles de visitantes. Poderás deleitarte coa recreación de esceas tradicionais, así como outras de actualidade, como unha reprodución do vacunómetro da Cidade da Cultura, os Xogos Olímpicos de Tokio con Ana Peleteiro e Teresa Portela, ou a igrexa de Todoque sepultada pola lava do volcán da Palma.

Nsta ocasión, o Belén está composto por 4.000 figuras realizadas de xeito artesanal, un dos motivos polos que foi declarado Bien de Interese Cultural. Paga a pena que te achegues a contemplar as escenas máis peculiares deste Nadal. E como colofón a esta fantástica proposta, neste municipio de Mar de Santiago poderás visitar o Museo da Historia de Valga e percorrer os diferentes espazos expositivos. A historia de La Bella Otero fará que te sintas na Belle Époque!

Ilusión desde Vilanova de Arousa

Outro dos enclaves imprescindibles de Mar de Santiago é Vilanova de Arousa. Se quieres gozar desta época cos máis pequenos da casa, anímate a visitar a Aldea de Nadal. Atópase no Xardín Umbrío e sorprenderache. Verás a súa fermosa arboleda iluminada, así como o conxunto de casiñas decoradas ao estilo navideño. Incluso poderás ver un bus inglés!

Así mesmo, se che apetece complementar o teu paseo polo municipio vilanovés, suxerímosche un plan que non te deixará indiferente. O pasado domingo inaugurouse o Belén Artesanal Municipal na Igrexa de A Pastoriza. Asombrarche o traballo realizado por diversos artesáns, sobre todo, de madeira, que fará que este Belén tradicional sexa considerado unha verdadera creación artística.

Catoira, en clave cultural

Catoira é outro dos territorios de Mar de Santiago nos que poderás gozar do Nadal con plans moi interesantes. Invitámosche a descubrir o Centro de Activación Cultural Torres de Oeste (CACTO), onde poderás apreciar a fenda que deixaron os vikingos neste territorio, así como empaparte dun percorrido histórico que abarca desde a Prehistoria ata a actualidade.

Ademais da súa oferta cultural, o municipio vén de estrear a súa iluminación navideña. Que mellor que tomarse un chocolate quente despois de gozar dun agradable paseo contemplando os adornos navideños? En Catoira atoparás multitude de locais de restauración para completar un día redondo.

Como ves, este Nadal preséntase moi entretido. Se che apetece complementar o teu Camiño a Santiago, déixate levar pola maxia desta época do ano e graba na túa memoria os momentos especiais que vivirás no noso territorio. Toma nota das propostas que che ofrecemos… Agarámoste en Mar de Santiago!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *