Desfruta todos os xoves deste verano dunha completa xornada seguindo os pasos do Apóstolo navegando polas augas de Mar de Santiago cara a ría de Arousa. Invitámoste a descubrir os municipios que integran este territorio: Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa. Temos unha oferta de lanzamiento cun 20% de desconto, que poderás conseguir descargando e amosando este documento.
Se che apetece coñecer un pouco máis sobre esta proposta, segue lendo!
Toma nota para apuntar na túa axenda:
- Punto de encontro: Praza de Galicia (frente a Massimo Dutti), Santiago de Compostela
- Horario: de 10.00 a 20.15 horas (o horario pode variar en función das mareas)
- Inclúe: desprazamentos en autobús e en barco, visitas, acompañamento de guía turístico oficial bilingüe e seguro
- Prezo: 52 euros por persona
Descubre a Traslatio
O xeodestino Mar de Santiago ofrécete unha experiencia única a través da Traslatio. Poderás realizar o mesmo percorrido que, segundo a lenda, realizaron os restos do Apóstolo Santiago cara Santiago surcando o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. Achegarémoste ao Camiño orixinal que deu lugar ao fenómeno das peregrinacións a Catedral.
Durante o itinerario descubrirás unha impresionante contorna, gozando da natureza a beiras do Ulla, do seu singular estuario e da súa desembocadura na ría de Arousa, que sucarás entre bateas. A excursión Mar de Santiago ofrécete, ademais, as indicacións de guía turístico bilingüe, así como dos desprazamentos en autobús e en barco a través do territorio.
Panorámicas de impresión
O noso percorrido tras os pasos do Apóstolo ofrecerá unha viaxe polos sentidos. Maravillarás a túa vista con panorámicas de impresión da ría de Arousa dende o miradoiro de Pedras Miúdas en Catoira. Deleitarás o teu olfato e o teu padal durante a visita guiada e a cata comentada de viños da D.O Rías Baixas en Bodeagas Granbazán, en Vilanova de Arousa, que degustarás acompañados por un aperitivo. Desfruta do suave son das augas durante opercorrido no noso barco.
Ofrecémoste a oportunidade de ampliar os teus coñecementos cunha inmersión na cultura de Mar de Santiago con espazos como o Museo da Historia de Valga e a Casa da Lamprea en Pontecesures. Todo iso complementado cun agradable paseo entre as augas do Mar de Santiago e coa posibilidade de que, durante o tempo libre para xantar, poidas tocar e desgustar productos típicos da zona. Non te perdas os mexillóns!
Se queres máis información, consulta o noso díptico informativo. Podes facer directamente a túa reserva para esta excursión facendo clic aquí.
Non o penses máis! Este verán descobre todo o que Mar de Santiago te pode ofrecer!