Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Descubre en Valga o novo Miradoiro da Perdiz!

Descubre en Valga o novo Miradoiro da Perdiz!

Valga, territorio de Mar de Santiago, acaba de dar a benvida a un novo atractivo: o Miradoiro da Perdiz. Este recentemente inaugurado miradoiro ofrece vistas impresionantes, engadindo un toque especial á beleza natural do municipio. Queres saber máis?

Miradoiro da Perdiz, o gañador do concurso” Embelecer Valga”

Desde hai anos, o municipio de Valga organiza un concurso enfocado nos recursos do seu territorio coñecido como «Embelecer Valga». Este, como o propio nome indica, consiste en embelecer algún recuncho do concello para despois escoller o máis bonito de todos.

Este ano, entre as 19 propostas presentadas estaba a dos veciños de O Vilar, que recuperaron o Miradoiro da Perdiz, un espazo que no pouco tempo que leva renovado xa recibiu un gran número de visitas.

Situado en Cordeiro, o Miradoiro da Perdiz é o resultado do esforzo e a dedicación de catorce veciños que aproveitaron o concurso para poñer en marcha unha idea que xa tiñan en mente desde facía tempo.

Unhas impresionantes vistas sobre o Ulla

O principal problema deste precioso miradoiro de Valga era o seu estado descoidado, deixando os seus impresionantes vistas case imperceptibles. Pois, coa vexetación da zona era imposible observar a súa panorámica sobre o Ulla e houbo que retirala para arrombalo e convertelo en miradoiro.

Agora, coa instalación dunha varanda de madeira de cen metros e cun banco dentro dun enorme corazón de ferro que leva un “Quérote” gravado, a súa panorámica loce espectacular.

Se ti aínda non o viches, ven a Mar de Santiago e coñece este miradoiro que aínda se está dando a coñecer para gozar dunhas vistas únicas. Ademais, poderás aproveitar tamén para achegarte aos municipios máis próximos do noso territorio: Catoira, Pontecesures e Vilanova de Arousa. Esperámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *