Se che gusta o bo marisco, esta fin de semana tes unha cita ineludible en Mar de Santiago. A XXIX Festa do Mexillón e o Berberecho regresa a Vilanova de Arousa cun programa cargado de gastronomía e actividades culturais. O programa presentouse onte e conta con propostas do máis variadas.
As actividades darán comezo este xoves 10 de agosto coa apertura da carpa de degustación, ás 13.00 horas. A diferenza de anteriores edicións, estará localizada na Praza de O Castro e non no Xardín Umbrío. Este espazo estará aberto en horario de mediodía e de serán e nel poderanse degustar diferentes pratos cos mexillóns e os berberechos como protagonistas. Para poder gozar destas propostas, deberás adquirir os billetes correspondentes na entrada das instalacións. Unha vez dentro, só terás que entregalos ao recoller o teu pedido.
Outro dos puntos fortes do programa será a música, que encherá Vilanova de Arousa de ritmos para todos os gustos desde o venres ao domingo. Todas as actividades terán entrada libre. Se es verbena lover, non te perdas o concerto que a orquestra Panorama ofrecerá o venres 11 ás 23.00 horas na praza de O Cabo. Para o sábado se reserva a actuación da banda galega De Vacas, ás 22.00 horas na Praza do Castro.
O programa pechará o domingo con dous concertos no Xardín Umbrío. A primeira delas correrá a cargo do grupo Take it Easy, ás 13.30 horas. O broche de ouro poñerao o artista Roi Casal, embaixador do xeodestino Mar de Santiago, para o que creou unha fermosa banda sonora. O concerto de clausura terá lugar ás 21.30 horas.
Ademais desta celebración tamén se poñerá en marcha esta fin de semana a Feira de Oportunidades, que se situará na avenida de O Recheo. Poderás atopar auténticas gangas nos preto de 20 postos do comercio local (da Asociación Vilanova Centro) de venres a domingo en horario ininterrompido de 10.00 a 23.00 horas. E para completar a fin de semana festiva, desenvolveranse as celebracións en honra á Virxe do Carmen.
Así que, se queres gozar dunha fin de semana en grao sumo completa, achégache a Vilanova de Arousa e aproveita para coñecer os outros municipios que integran o noso xeodestino: Catoira, Valga e Pontecesures.
Esperámosche en Mar de Santiago!