Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Celebra a fin do Entroido de Mar de Santiago en Vilanova de Arousa

Celebra a fin do Entroido de Mar de Santiago en Vilanova de Arousa

Imaxe: La Voz de Galicia

O Entroido en Galicia é unha das festas máis arraigadas na nosa comunidade, sendo ben coñecidas varias das súas costumes en toda España. Hoxe, querémosche falar dunha das más populares, así que, quédate e celebra a fin do Entroido de Mar de Santiago en Vilanova de Arousa.

“Don Carnal” e “Doña Cuaresma”

As costumes típicas do Entroido teñen a súa base en tradicións ancestrais pagás que,  posteriormente, a Igrexa asimilou. A orixe da palabra “carnaval”, provén de “carnal”, que simboliza os excesos da carne antes do período da Coresma; de aí que o contraste entre ambos períodos se coñeza como “Don Carnal” e “Doña Cuaresma”.

Estas costumes sobreviviron aos nosos días, celebrando unha das festas máis populares da nosa comunidade. Disfraces, diversión, pratos doces ou salgados, a quen non lle gusta o Entroido?

O Entroido de Vilanova de Arousa

Unha das tradicións máis famosas dos concellos que conforman Mar de Santiago, teñen lugar ao final do Entroido. Falamos, como non pode ser doutra maneira, do Enterro do Momo en Vilanova de Arousa.

O Entroido de Vilanova de Arousa é famosos polas súas comparsas e desfiles. Trátase dunha verdadeira festa para os sentidos: os traxes das comparsas son espectaculares e están deseñados con gran detalle e creatividade. Os participantes bailan e cantan e a multitude únese a eles, creando unha atmosfera de alegría e diversión.

Todas estas celebracións terminan o mércores de cinza, tendo lugar en Vilanova de Arousa unha das tradicións máis antigas: O Enterro do Momo.

O enterro do Momo, a tradición que despide o Entroido en Mar de Santiago

Convivindo co Enterro da Sardiña, en Vilanova poderemos gozar do Enterro do Momo, unha tradición similar á primeira, pero cun cambio moi interesante.

Cada ano, selecciónase a unha personaxe de actualidade e créase un boneco similar. Non é fácil rastrexar as orixes do seu arraigo en Vilanova, pero paga a pena pasar unha divertida tarde de sátira no municipio.

Momo é un deus grego que personifica o sarcasmo, polo que era venerado polos escritores e poetas. Na Antigüidade, representábase cunha máscara ou un boneco, e esta tradición mantívose ao longo dos séculos.

Como ves, o Entroido é unha das tradicións máis celebradas por toda Galicia, tanto no interior como na costa. Dende Mar de Santiago invitámoste a que te achegues a gozar dalgunha das celebracións típicas de Vilanova de Arousa, Valga, Pontecesures ou Catoira.

Ven a descubrir a Traslatio por Mar de Santiago e coñece algunhas das nosas múltiples tradicións do Entroido!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *