Pontecesures
A ponte que une a provincia da Coruña e Pontevedra, de orixe romana, dálle nome a esta localidade. O río Ulla delimita unha das terras galegas nas que a lamprea é a protagonista culinaria indiscutible, froito dun labor de pesca artesanal con séculos de tradición e á que se lle dedica unha festa gastronómica.
Miradoiros que nos deixan vistas panorámicas do fantástico val onde descansa Pontecesures, unha praza de abastos cos mellores produtos locais e numerosos vestixios patrimoniais da historia deste concello que nace no século I d. C., completan a proposta turística do destino onde a ruta marítimo-fluvial Mar de Santiago enlaza co Camiño Portugués.
Non te perdas
Ponte romana
Levantada no s. I d. C., a ponte de Pontecesures é todo un referente da enxeñería construtiva do imperio romano. Nas súas orixes tivo varios quilómetros de lonxitude e, a día de hoxe, os seus 12 arcos aínda se utilizan como principal infraestrutura de unión entre os municipios de Pontecesures e Padrón, polo que é obrigatorio cruzala se realizar a ruta portuguesa do Camiño de Santiago.
Praza de Abastos e Casa da Lamprea
A Praza de Abastos de Pontecesures, xusto ao carón do porto fluvial, é o espazo perfecto para a adquisición da lamprea. Na parte exterior do edificio atópase un anexo coñecido precisamente como “Casa da Lamprea”, no que se poden atopar fotografías e numerosa información deste peixe milenario que habita no Ulla.
A Praza de Abastos de Pontecesures, xusto a carón do porto fluvial, é o espazo perfecto para a adquisición da lamprea. Na parte exterior do edificio encóntrase un anexo coñecido precisamente como “Casa da Lamprea”, no que se poden ver fotografías e numerosa información sobre este peixe milenario que habita no Ulla.
Praza de Abastos e Casa da Lamprea
Porto fluvial
Ademais da última parada de Mar de Santiago, e lugar de chegada dos barcos que sucan a nosa ruta marítimo fluvial, no porto de Pontecesures tamén é habitual ver as embarcacións dos baleiros, pescadores especializados na captura da lamprea. Desde o mesmo paseo do porto, habitualmente, poden ser vistos faenando durante a tempada de pesca.
Festa da Lamprea
A festa da Lamprea é unha das grandes citas gastronómicas do destino Mar de Santiago. Celébrase entre finais de marzo e principios de abril nunha gran carpa instalada nas inmediacións do porto fluvial para que todos os que se acheguen poidan gozar da lamprea nas súas diferentes elaboracións, especialmente a máis tradicional: á bordelesa.
A festa da Lamprea é unha das grandes citas gastronómicas do destino Mar de Santiago. Celébrase entre finais de marzo e principios de abril nunha gran carpa instalada nas inmediacións do porto fluvial para que todos os que se acheguen poidan gozar da lamprea nas súas diferentes elaboracións, especialmente a máis tradicional: á bordelesa.