Información xeral



Horarios
O horario comercial é de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas, e os sábados só pola mañá.

Bancos
O horario de oficina é de luns a sábados de 9:00 a 13:30 h.

Comidas
A restauración adoita servir comidas de 13:30 a 16:00 e de 21:00 a 00:00 h.

Farmacias
Abren en horario de mañá e tarde, e sempre hai unha farmacia de garda.

Praza de abastos
Normalmente abren de martes a domingo, en horario de mañá.

Feiras
As feiras máis próximas aos municipios da ruta Mar de Santiago son as de Padrón e Vilagarcía de Arousa, que se celebran os domingos no caso da primeira e os martes e sábados no caso da segunda.

Corrente eléctrica
A corrente eléctrica utilizada é a de 220-240 CA, 50Hz.

Propinas
A propina non é obrigatoria e non vai incluída na factura.

Idiomas
En Galicia existen dúas linguas cooficiais, o galego e o castelán.

Hostalería
Aínda que non é obrigatorio, en Galicia acostúmase servir unha tapa de cortesía, normalmente salgada, coas consumicións.