Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Descobre emocionantes roteiros de sendeirismo nos municipios de Mar de Santiago

Descobre emocionantes roteiros de sendeirismo nos municipios de Mar de Santiago

Mar de Santiago, coñecido por ser o roteiro marítimo-fluvial que deu orixe ao Camiño, tamén ofrece fascinantes opcións para os amantes da natureza en terra firme. Nos municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa atoparás unha variedade de carreiros que che permitirán descubrir a beleza do noso xeodestino. Estás listo para coñecer os nosos favoritos?

Explora as terras de Ullán en Pontecesures

Un dos roteiros de sendeirismo máis destacadas da área de Pontecesures é “Ollando ou Ullán”, que conta cunha lonxitude total de 17,5 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Esta senda lévate polos montes máis espectaculares da zona, ofrecéndoche impresionantes vistas do val do Ulla e do trazado que segue o río por todo o municipio e as súas proximidades.

Un dos elementos máis recoñecibles da paisaxe deste carreiro é o emblemático Ponte Romano de Pontecesures, datado do século I, e que se atopa rodeado por marismas e unha exuberante vexetación.

Beleza natural e refrescante en Valga

Valga sorprenderate co seu amplo patrimonio natural e cultural. Explora as proximidades das Fervenzas de Raxoi e Parafita, onde os ríos Louro e Valga forman impresionantes fervenzas rodeadas de exuberantes bosques.

O roteiro ata as fervenzas ten menos de 2 quilómetros de percorrido polo que se só queres achegarte a descubrir esta paisaxe, bastará con facer esta pequena camiñada. Con todo, este só é o inicio dun percorrido de aproximadamente 11 quilómetros. Segue as pasarelas de madeira e admira a beleza dunha contorna inigualable!

Paseo Fluvial del Río Ulla en Catoira: unha experiencia única

O Paseo Fluvial do Río Ulla é unha das xoias de Catoira. Este roteiro circular lévate desde as marismas ata a desembocadura do río na ría de Arousa, pasando por muíños históricos como O Muíño de Machón ou os de Abalo e as icónicas Torres de Oeste.

Este percorrido de case 9 quilómetros, pasa polo paseo peonil As Telleiras, un roteiro completamente chairo con varias pasarelas de madeira que permiten bordear o río Ulla e admirar a beleza natural deste municipio.

Sendeirismo con vistas panorámicas en Vilanova de Arousa

O roteiro que te leva desde os miradoiros de Monte Lobeira ata Faro dás Lúas, ofréceche unhas espectaculares vistas da ría de Arousa. Partindo desde a igrexa parroquial de András, esta camiñada lévate a través de pistas forestais onde poderás gozar dun agradable paseo mentres contemplas as impresionantes paisaxes da zona de Vilanova de Arousa.

Como recomendación, aconsellámosche deixar este roteiro para a última hora da tarde para así contemplar un precioso atardecer desde a cima.

En Mar de Santiago, a beleza espérate en cada carreiro. Planea agora o teu día para facer unha escapada de turismo activo polo noso xeodestino e garda nosas opcións favoritas. Non esperes máis para descubrir os recunchos de Galicia nesta primavera!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *