Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Chega a Mar de Santiago o primeiro carsharing do Camiño de Santiago

Chega a Mar de Santiago o primeiro carsharing do Camiño de Santiago

Foto: Diario de Arousa

A partir de agora, os peregrinos que realizan o camiño de Santiago poderán facer uso do servizo dun carsharing para facilitar o seu traxecto e mesmo gozar do turismo dos seus arredores. Esta iniciativa ponse en marcha no noso territorio, concretamente na localidade de Vilanova de Arousa, onde o Concello poñerá tamén este servizo á disposición de veciños e empresas e mesmo ofertará tarifas sociais aos máis desfavorecidos.

DACIA SPRING E MOBILIZE SHARE

Para esta iniciativa, o vehículo elixido é Dacia Spring, que consegue unha vez máis democratizar a mobilidade eléctrica en España. O servizo estará xestionado a través de Mobilize Share mediante unha App 100% dixital.

Vilanova de Arousa, DACIA e MOBILIZE SHARE inauguraron hai uns días o primeiro carsharing non urbano do Camiño de Santiago nun acto que tivo lugar en Vilanova coa presenza de Gonzalo Durán, o seu Alcalde; María Nava Castro, Directora de Turismo da Deputación de Pontevedra; Javier Touris, Deputado de Acción Comunitaria; Filippo Rivanera, Chief Operating Officer de Mobilize Beyond Automotive Iberia, José Luis Alemán, Business Manager Dacia e José Luis Sánchez, xerente do concesionario Caetano Fórmula.

 QUE BENEFICIOS ACHEGA?

Esta iniciativa favorece as necesidades de mobilidade sostible nunha dos roteiros alternativos do Camiño de Santiago entre os mosteiros cistercienses de Armenteira e Calogo. Os dous vehículos Dacia Spring que van prestar este servizo servirán tamén para que veciños e empresas da localidade de Vilanova de Arousa poidan utilizalos, favorecendo o tecido empresarial da comarca.

O servizo de Car-sharing faio posible Mobilize Share a través dunha xestión moi sinxela, xa que os usuarios unicamente teñen que descargarse a app “MOBILIZE SHARE” e abrir as portas a un servizo de mobilidade. Trátase dun servizo de baixo custo, pode alugarse por horas; sostible, os vehículos son  100% eléctricos, e inclusivo, xa que o Concello creará tarifas sociais ao alcance de colectivos desfavorecidos ou con necesidades puntuais, como novos negocios, novos ou persoas maiores.

As dúas unidades de Dacia Spring simplifican a mobilidade  e ofrecen o que é esencial para os usuarios (navegación, aire acondicionado, elevalunas eléctricos, replicación smartphone etc.)/ etc.). Así mesmo, Spring é o vehículo idóneo para o Camiño de Santiago xa que é o máis respectuoso co medio ambiente, non só polas súas 0 emisións, senón tamén polo seu baixo consumo. Por todo iso foi elixido “· Mellor vehículo eléctrico 2022” por Green NCAP, organismo que se dedica a medir o nivel de eficiencia, emisións e impacto ambiental.

Xa sabes, agora podes gozar deste novo servizo en Vilanova de Arousa. Esperámoste en Mar de Santiago!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *