O desembarco de piratas viquingos para roubaren os tesouros da Catedral de Santiago provoca que Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Compostela nacido en Catoira, mande construír no século XII un punto estratéxico militar: as Torres do Oeste. Fortaleza da cidade do Apóstolo nun momento no que comezan as primeiras peregrinacións, convértese en símbolo de defensa e esplendor
dunha época na que Catoira escoltaba a ría de Arousa das expedicións escandinavas. Nun enclave natural inigualable, e fogar de numerosas especies autóctonas, esta localidade lévanos ás beiras do Ulla, á zona húmida de cores douradas e verdes que completan o espazo, e a paseos e vistas panorámicas dende os seus muíños de vento.
Non te perdas
Torres de Oeste
As Torres de Oeste son os restos da fortaleza coñecida como “Castellum Honesti” levantada no S. IX polo rei Alfonso III O Magno para facer fronte aos frecuentes ataques que normandos, viquingos e sarracenos realizaban a estes terras. Actualmente consérvanse os restos significativos de dúas das torres, así como distintas partes doutras dúas e algúns tramos da muralla. |
Muíños de Vento
Na cima do acantilado da lagoa Pedras Miúdas, e tamén no Monte Mesón de Abalo, atoparás varios muíños de vento de finais do S. XIX moi ben conservados. Desde alí tamén poderás divisar excelentes vistas sobre a ría de Arousa e a desembocadura do Ulla.
Na cima do acantilado da lagoa Pedras Miúdas, e tamén no Monte Mesón de Abalo, atoparás varios muíños de vento de finais do S. XIX moi ben conservados. Desde alí tamén poderás divisar excelentes vistas sobre a ría de Arousa e a desembocadura do Ulla.
Muíños de Vento
Lagoa de Pedras Miúdas
Orixinariamente era unha canteira que, unha vez clausurada, deixou á vista un enorme oco que se foi enchendo coa auga de varios mananciais subterráneos, ata dar lugar á lagoa actual, un fermoso espazo que se rexenerou de maneira natural.
Romaría Viquinga
Calebrada cada primeiro domingo de agosto, a Romaría Viquinga foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 1988.
Esta festa, que se celebra desde fai máis de 60 anos, reúne cada ano a miles de persoas atraídas pola singular “”invasión festiva”” dos viquingos sobre as torres e o crecente interese pola cultura nórdica, ligada á nosa historia e a Compostela.
Calebrada cada primeiro domingo de agosto, a Romaría Viquinga foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 1988.
Esta festa, que se celebra desde fai máis de 60 anos, reúne cada ano a miles de persoas atraídas pola singular “”invasión festiva”” dos viquingos sobre as torres e o crecente interese pola cultura nórdica, ligada á nosa historia e a Compostela.”
singular “invasión festiva” de los vikingos sobre las torres y el creciente interés por la cultura nórdica, ligada a nuestra historia y a Compostela.
Romaría Viquinga
OFICINA TURÍSTICA DE
Catoira