Xacemento arqueolóxico Igrexa Vella de Santa Comba de Louro
Xacemento arqueolóxico Igrexa Vella de Santa Comba de Louro
Dirección
Lugar Beiro 36645 Valga, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.689670159494014
Latitude: -8.682284630728255
Escavado inicialmente en 2010 e 2012, fóronse achando diversos niveis de ocupación que arrincan en torno ao século IV d. C. e chegan ata o século XVIII. Os elementos máis antigos atopados aquí consisten en parte dun muro, tumbas paleocristiás, e un forno que podería terse dedicado á fabricación de vidro, o que o faría único en Galicia. Dun século despois, s. V, son os restos dunha pequena capela de planta rectangular, consecuencia da expansión do cristianismo na Gallaecia.
Parece que esta primeira capela foi destruída por un incendio sobre o s. VIII ou IX, aínda que podería ter sido desmontada parcialmente para levantar unha edificación maior que aproveita a fachada e laterais. Entre os s. VIII e XII sitúase o achado dunha necrópole con 26 tumbas en pedra e tapadas con lousas, cerámicas, moedas etc. O que se relacionaría coa existencia documentada dun convento.
Prodúcese unha nova ampliación no s. XVI ao constituírse en parroquia de Santa Comba de Louro e, en 1730, desmantélase a igrexa para trasladala á súa ubicación actual, aproveitando boa parte dos materiais.
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga