Que é a Ruta?
Dámosche a benvida á Ruta Emocional do Mar de Santiago!
Complementa a túa viaxe pola Traslatio navegando polo único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo con esta ruta por terra. Ofrecémosche un percorrido de 34 quilómetros entre Pontecesures e Vilanova de Arousa, pasando por Valga e Catoira. Achégate á singularidade da contorna natural, historia, cultura, industria e enogastronomía dos catro municipios que integran o noso xeodestino.
Por que é emocional?
A diferencia doutros percorridos, en Mar de Santiago queremos que descubras a importancia deste territorio da man de persoas vencelladas ao territorio. As súas verbas acompañarante na túa viaxe a pé polos municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa.
Déixate levar pola emoción e descubre todo o que as nosas testemuñas che teñen que contar sobre o noso xeodestino!
Como funciona?
O percorrido pódelo realizar tanto en dirección Pontecesures-Vilanova de Arousa como á inversa. O grao de dificultade é baixo, xa que discorre case todo a nivel do mar. Podes completalo nunha única etapa -que se pode realizar nunha única xornada -, ou dividilo nos dous tramos que prefiras.
Dá igual a opción que escollas. O máis importante é que terás a posibilidade de coñecer toda a información sobre o percorrido e aos distintos lugares de interese -tanto principais como secundarios e, incluso, recomendados-. Unha oportunidade única para descubrir todo o que Mar de Santiago agocha alén de ser o territorio polo que pasaron os restos do Apóstolo no seu camiño a Santiago, dando lugar á Traslatio e ao fenómeno das peregrinacións a Compostela.
Visita virtual
A continuación, atoparás un completo mapa interactivo no que che amosamos o percorrido. Verás que aparecen diferentes iconas que se corresponden con distinto tipo de arquivos multimedia vencellados aos puntos de interese da ruta.
Atoparás vistas aéreas, panorámicas 360º e audioguías que che axudarán a descubrir máis detalles sobre a fermosura do territorio e tamén sobre a súa historia, cultura e evolución. Presta moita atención aos vídeos das testemuñas. Elas son as verdadeiras protagonistas!
Este pequeno adianto seguro que che dará máis gañas de completar este percorrido a pé por Mar de Santiago!
Características da Ruta
Punto de inicio: Peirao de Pontecesures
Punto final: Estación Marítima do Mar de Santiago
Grao de dificultade: baixa, fácil
Altitude: nivel do mar
Percorrido: 34,177 quilómetros
Lenda
Video
Videos de dron
Audioguías
Testemuñas
Imaxe 360º
Vista panorámica
Recreación virtual
Video
Videos de dron
Audioguías
Testemuñas
Imaxe 360º
Vista panorámica
Imaxe 360º
Vista panorámica
Recreación virtual
Altimetría
A Ruta a pé
Cando realices o percorrido a pé, atoparaste con diferentes paneis informativos nos que verás os máis de medio cento de puntos de interese principais, secundarios e recomendados da ruta. Ademais, o itinerario atópase totalmente sinalizado para que non perdas
Presta moita atención ás balizas cos códigos QR! Escanéaos desde o teu móbil e accede directamente aos vídeos das nosas testemuñas! É unha oportunidade única de descubrir este territorio da man das súas persoas protagonistas!
Testemuñas
Anímaste a acompañarnos nesta viaxe? Velaquí as persoas que atoparás no teu percorrido:
Ver todos
As súas verbas levaranche por unha serie de sensacións e emocións coas que poderás obter unha completa experiencia que deixará Mar de Santiago na túa memoria.
Anímate a complementar a Traslatio con este percorrido a pé e coñece todos os segredos do noso xeodestino!